San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño
San Sadurniño, 1983
Achegamos hoxe a "Fálame de San Sadurniño" unha colaboracion moi especial. Trátase dun texto escrito por Ramón Díaz Raña, infatigable dinamizador social e cultural, ademais de párroco de San Sadurniño en tempos difíciles e creador da revista Pumariño.
No texto, Don Ramón debulla nas orixes e desenvolvemento do concurso de canción infantil "Cantareliña", "a nena que máis quixen e quero". Este certame celebrou oito edicións (entre 1983 e 1990), e consistía na celebración de concertos nas catro provincias galegas protagonizados por grupos de nenos e nenas -a idade máxima eran os doce anos-, que interpretaban cancións inéditas en galego. A gala final celebrábase en San Sadurniño. Aquel evento puxo á San Sadurniño "no mapa" na febril década dos oitenta. O texto comeza así:
"Cantos sentimentos burbullan o soar esta palabriña!... Foron moitas as ilusións que algúns puxemos nesta empresa. No ano 1982 o grupo Saraibas decidímosnos organizar o que xa había tempo lle viñamos dando voltas. A iniciativa foi miña. Primeiro comenteino repetidas veces con Miguel, Martín e Rexina Cinza. Parecíalles ben, pero imposible.. Eu era máis optimista. Tiña ao meu favor o haber visto na RAI, estando en Roma polos anos 69-70, un concurso de cancións infantís que me chamara poderosamente a atención. Era "Zecchino d´oro" que precisamente polo Nadal deste ano celebran os 55 anos de andaina. Pensei que algo parecido podía facerse en Galiza. Din convencido ao grupo e tirámonos ao baleiro. Así foi de verdade. Non tiñamos nada en absoluto onde agarrármonos. Só a nosa teima.
Coma sempre, baralláronse moitos nomes ata que CANTARELIÑA foi o que máis gustou. Como lema quedamos co que presentou Miguel “Mentres canten os meniños Galicia será inmorrente”. Reflexaba perfectamente a intención última do que pretendíamos facer. “Quere dicir, á inversa, que o día que os meniños non canten, Galicia terá morrido”... Continuar lendo...
Cun estilo ameno e retranqueiro, Ramón percorre a traxectoria de Cantareliña ata a súa desaparición en 1990 por razóns varias, entre elas o "difícil que é conseguir que a masa da nosa xente valore e empuxe ideas que buscan engrandecer a Terra. A causa está na pobreza que nos envolve; na infravaloración que nos abafa"....
Sen embargo, aquela experiencia marcou a infancia d@s nen@s participantes e "converteuse nun fito da cultura galega que abriu un camiño moi importante para a normalizacion lingüística, mesmo antes de que a TVG nacese ou a lingua galega entrase na EXB", como suliña a "nena cantareliña" María Yañez neste texto publicado no Nº 1 da revista "Luzes" (2014). Asemade, María lembrou este evento en "Apuntamentos para un filme sobre Cantareliña" no Chanfainalab 2019,
2014-10-26 19:12:58
Gracias Ramón por facer que os recordos volvan. Gracias por un tempo no que nos fixeche disfrutar. Gracias por compartir con nosoutros unha parte da túa vida. Gracias Ramón
2015-02-14 21:19:25
Dende Silvalonga un saudo moi forte.Un pracer escoitarte falando do pumariño.Grazas por traer aire fresco a San Sadurniño.Un saudo.
Temas: creador@s, eventos, música, San Sadurniño (Concello)
Autor/a: Ramón Díaz Raña
Vídeos:
Himno Cantareliña
Video promocional Cantareliña 1989
"Marramiau", o gato (1983)
Cantareliña 1988. Grupo Picariñas de Ribadavia
Cantareliña 1988. Grupo Francelos
A Pantasma Tom. Cantareliña 1988.
Ris Pum Chis. "Ledicia" de Caranza-Ferrol.