TEÑO UNHA HORTA
O proxecto quere difundir e compartir o coñecemento e a experiencia das mulleres en relación cos traballos no campo.
A actividade ponse en marcha no ano 2015 desde a Aula Cemit do concello e une alfabetización dixital e audiovisual coa preservación dos saberes da agricultura tradicional. A través de videotutorias na súa canle de Youtube,"Teño unha horta en San Sadurniño" dan a coñecer as labores agrícolas ensinando trucos e tarefas tradicionais.
Neste proxecto participan Consuelo Picos, Cruz Piñón, Lucía Pita, Carmen Couce, Carmen Bouza e Carmen Suárez.
Visita as súas hortas:A horta de Consuelo; A horta de Cruz; A horta de Lucita; A horta de Carmiña; A horta de Maruxa
A Laxe, Lamas, 2016
Carmen Bouza "Maruxa" amósanos o seu experimento de cultivar luffas.
As luffas son unha especie cabazas que dan a esponxa vexetal. Pódense comer como calabacines ou pepinos cando son novos. Tamén as sementes e follas son comestibles. Se se deixan crecer ata a súa completa madurez, darán unha esponxa vexetal.
Trátase dunha interesante planta polas súas aplicacións na industria, medicina e cosmética.
2017-01-17 19:50:46
GUSTARIAME PLANTAR LUFFAS HABER SE ME PODEDES DECIR DONDE POIDO CONSEGUIR AS SEMILLAS GRACIAS
2017-01-30 09:02:44
Ola Suso, as semillas de luffas as podes conseguir na tenda Sementeira en Betanzos. Aquí tes a ligazón da web: http://www.sementeirabetanzos.es
Temas: Horta de Maruxa, labregos e labregas, Lamas, muller, traballos, xente, vídeos
Autor/a: Carmen Bouza Muiño