Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

A gran voda de Natividad Quindós

Madrid, 1886

Moi lonxe da monótona vida labrega en San Sadurniño, o domingo 11 de xullo de 1886, aos 24 anos, Natividad Quindós, Vizcondesa de la Frontera e futura VII Marquesa de San Sadurniño casa no Pazo familiar de San Bernardo con outro aristócrata de 32 anos, Francisco de Asis Arias-Dávila-Matheu y Bernaldo de Quirós, Conde de Cumbres Altas e Grande de España de 1ª clase.
A voda tivera que aprazarse pola bronquite aguda en febreiro de 1886 -con perigo de morte- da Infanta D. Cristina" da que o Marqués de San Sadurniño é portavoz e xefe da Casa Real. Tamén Natividad Quindós estaba ocupada como Camareira e amiga persoal da raiña Rexente María Cristina, afectada polo falecemento do seu home Alfonso XII tres meses antes en novembro de 1885.
Da voda íase falando en todos os mentideiros da aristocracia madrileña e nos xornais da alta sociedade como “El dia”, “La época”, El siglo futuro”, La Moda Elegante", ou “El imparcial”. A roupa da noiva foi confeccionada polas "Señoritas Bianchi". A raíña outorgara dous meses antes a Real Carta de Sucesión do título IX "Vizcondesa de la Frontera" a Natividad Quindós, tras da morte do posuidor, o seu irmán Fernando de Quindós dous anos antes. Este será o único título nobiliario que aporta Natividad ao aristocrático matrimonio.
A cerimonia foi fastuosa e a ela asistiron a "crème de la crème" da nobreza española, e mesmo Cánovas del Castillo, político mais importante do seu tempo e xefe do Partido Conservador no que milita activamente o pai da noiva e VI Marqués de San Sadurniño. Porén, os gastos desa suntuosa voda foron pagados polas rendas de caseiros e foreiros da comarca de Ferrol e San Sadurniño.
A crónica de sociedade é dabondo elocuente. Os recén casados irán de lúa de mel á localidade francesa de Eaux-Bonnes .
Na ilustración, crónica de "El día" 11 de xullo de 1886

  • A gran voda de Natividad Quindós

  • Pazo familiar en Madrid onde se celebrou a voda de Natividad Quindós

  • Natividad Quindós, Vizcondesa de la Frontera

  • Voda de Natividad Quindós no xornal El día (12-7/1886)

load

Comentarios

Máis imaxes

Primeira imaxe

Temas: outros lugares, Pazo da Marquesa, Señores de San Sadurniño

Compartir en: