Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

patrimonio

Monumentos, igrexas, edificios, patrimonio inmaterial e pezas singulares -grandes e pequenas- de San Sadurniño: castelo de Naraio, castros, convento do Rosario, creador@s, cronoloxía histórica, cruceiros, fontes, igrexas parroquiais, pequenas capelas, lendas, megalitismo , muíños, pazo da marquesa, visitantes senlleiros,

"A fraga máxica"

Fraga Máxica da Cortiña, 2025

9ª Chanfaina Lab (20). Estrea: 9 de maio do 2025
Guión, selección musical e dirección: Xosé M. Rabón
Produción executiva: Víctor Rico
Voces: Manu Rodríguez, Xoan Gato, Vitucho Rico, Josiño Lamas, Andrés Mariño, Carlos Vázquez, Rodri García, Carlos Gestal, Fran Otero, Chunando Sixto, Xosé Castro, Manolo Caamaño, Chano Painceira, Sonia Arranz, Amparo Calvo.
Canción: Versión libre de "O miudiño".
Coro: "Cantando afóganse as penas"
Fotografía: Xosé Castro, "Pepucho", Carlos Vázquez e Víctor Rico
Texto canción e diálogos: Rabónidas
Animación, efectos especiais: Francisco Otero
Duración: 9' 09''
Sinopse: "Había unha vila onde reinaba a tranquilidade, onde pasear o carón do seu rio enchía a ialma de felicidade e o corazón de ledicia. Dous duendes obraron o milagre de converter os carballos, os castiñeiros e as acacias nunha fauna rechamante, que pousaron naquel prado, cheo de encanto, o que chamaron “A fraga máxica”. A maxia agromou e aqueles seres de boa madeira, comezaron a falar e tamén a cantar"
Gravado na Fraga Máxica da Cortiña dentro do programa da 9ª Chanfainalab





Víctor Rico (Vitucho) é un veciño de San Sadurniño erudito, xeneroso e disposto que comezou a participar na Chanfainala no 2023 coma produtor executivo e solicitou a colaboración do seu amigo X. Manuel Rabón recreando unha lenda popular: "A lenda do pozo dos donceis". Condensar a traxectoria de Xosé Manuel Rabón é tarefa imposible, pois é un dos profesionais do ámbito do teatro, baile e ópera máis sobranceiros do noso país. En 1973 publica en “Grial” o primeiro texto de ensaio e investigación sobre o cine en Galicia. “A percura dun cine galego”. Director de varios festivais de cinema durante a transición e crítico cinematográfico para La Voz de Galicia, RNE e Antena 3. A súa traxectoria como crítico, dramaturgo, ensaísta, director de escena e deseñador de iluminación nos eidos da ópera e o teatro é abafante: profesor e director de varias compañías teatrais e operísticas como por exemplo "O Facho" . Dende 1973, ano en que dirixe o seu primeiro espectáculo, ata o de hoxe, ten dirixido máis de sesenta espectáculos de teatro e ópera e ballet. Foi “Premio da Crítica” en Galicia, no ano 1987 como membro da Sala de Teatro Luís Seoane. Asemade impartiu conferencias en distintos lugares do estado, sobre teatro, ópera e espectáculos. Desde o ano 2011 coordina os Seminarios que a ADE, Asociación de Directores de Escena de España, ven organizando anualmente no Pazo de Mariñán. Fixo perante dez anos a Dirección Técnica da “Temporada Lírica de A Coruña” e a Dirección de Escena de varias óperas organizadas pola “Asociación de Amigos de la Ópera de A Coruña”.

Vitucho e algúns amigos artistas de Coruña crearon un colectivo de veteranos que denominaron "A Rigueira". Partían da súa primeira experiencia chanfaineira coa moi meritoria "A lenda do pozo dos donceis". Nesta edición despois de darlle unhas voltas na súa tertulia semanal apostaron por metérense directamente na animación a partir dos personaxes que habitan a "Fraga máxica" de San Sadurniño, construída por Carlos García e Marina Goti no Arboreto da Cortiña": "Basicamente o traballo consistiu en tomar fotogramas dos bonecos en distintas xornadas, en función da iluminación natural, e a partires da visión persoal dos tres fotógrafos que as realizamos, en consonancia coa idea que tiña deseñado a dirección e tendo en conta os diálogos de cadanseu. Máis laboriosa e complexa foi a parte correspondente á animación e efectos especiais, que se foron amañando e adaptando en función da súas frases. Así coma poñer nome a cada boneco en relación con lugares que correspondesen co concello de San Sadurniño"

"A fraga máxica" " é unha peza alegre e optimista, feita por veteranos, pero moi axeitada para o público infantil e chea de diálogos retranqueiros que deberon supor un bo feixe de horas de traballo en posprodución para insuflarlles vida propia aos seres inanimados. Ademais, a curta tamén pode entenderse como unha homenaxe aos seus artífices, os artistas “Carlos e Marina”: "A idea xurdiu para que aquelas figuras marabillosas tomaran vida a traveso da palabra e a música, e tiveran unha conversa con certo grao de retranca e gracia, máis que cantaran unha peza tradicional galega, “ O Miudiño” a que trocámoslle a letra, coa intención de provocar, naqueles que non coñezan San Sadurniño e a "Fraga Máxica", sentiran a necesidade de visitar a “Vila da Tranquilidade” e as vizosas figuras esculpidas pola “man e a motoserra” de Carlos e as ideas de Marina". Para a organización da Chanfainalab volve a ser un orgullo contar cun novo agasallo deste equipo de veteranos. Esta é unha peza colectiva na que interveñen moitas persoas e aporta pleno sentido ao espírito de tolerancia interxeracional do noso evento. Así pois, agardamos que na vindeira edición os nosos cineastas seniors sigan a crear novas historias tan divertidas que contribúen a medrar o imaxinario de San Sadurniño.
Fotografías César Galdo e "A Rigueira"

  • "A fraga máxica"

  • Colectivo A Rigueira

  • Victor Rico, "Vitucho", na foto oficial da 9ª chanfainalab

  • Vitucho co seu personaxe "O raposo"

  • Carlos Vázquez co seu personaxe

  • Fran Otero co seu personaxe

  • Xosé Castro (Pepucho) e Xabarino

  • X.M. Rabón o director

  • Fran Otero, director de animación

  • Coro ensaiando

  • Coro e equipa de "A Fraga Máxica"

  • Equipa de Rigueira na "Fraga Máxica"

  • Fran Otero e Xosé M Rabón presentando "A Fraga Máxica"

  • Fran e Rabón na Gala da 9ª Chanfainalab

  • O artista visual e animador Fran Otero

  • A Rigueira e os cineastas da 9ª Chanfainalab

  • A Rigueira entre o público da 9ª Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: animais, cancións, creador@s, Escultura, lendas, lecer, nenos e nenas, paseos, San Sadurniño (parroquia), vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: A Rigueira

Compartir en: