Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

A fonte do Fabal

O Fabal, Lamas, 1910

No mes de maio de 2015 celebrouse en Lamas un curso de Internet e fotografía dixital impartido pola Aula Cemit. Durante as saídas fotográficas para a realización das prácticas, as persoas participantes retrataron varios lugares emblemáticos da parroquia coa intención de compartir e dar a coñecer lugares esquecidos e agochados de Lamas.
Un destes lugares é a fonte do Fabal, situada no lugar do Fabal, ao carón do castro de Riboira. A fonte de pedra foi construida por Manuel Castrillón Rodriguez (1855-1927), o avó de Carlos Castrillón e segundo os veciños, a auga ten poderes milagreiros, porque "alonga a vida de quen a beba".
Carmen Couce e Carmen Bouza (Maruxa) falan desta fermosa fonte e amosan fotografías d@s participantes no curso.

  • A fonte do Fabal

  • A fonte ubicada no Fabal, ao carón dun castro

  • A auga da fonte do Fabal e boa e milagreira

  • Carmen Couce e Carmen González

  • Carmen Bouza (Maruxa)

  • Lugar do Fabal, parroquia de Lamas

  • Gravando o son da fonte

  • A fonte atópase tras estas árbores

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Lamas, lecer, naturezas, patrimonios, sons, tecnoloxía, xente, fontes

Autor/a: Carmen Couce Picos

Compartir en: