Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

A Fonte de Cornide

Cornide, San Sadurniño, 2018

E ben coñecido en San Sadurniño o poder medicinal das augas da fonte de Cornide, nomeadamente para doenzas da pel ou estómago. Dende tempo inmemorial lémbrase a xentes de toda a provincia vindo a buscar auga desta fonte en garrafas ou botellas, que logo amosaban o seu potencial con doentes de todo tipo.
O xornal ABC na edición do 24 de marzo de 1970 facíase eco da popularidade da auga milagreira de Cornide.
O manancial agromaba no entorno do Muíño de Mera. Lino de Mera tentou poñer en valor esta auga, mais o asunto non prosperou. Coa reforma do Muiño de Pepe no 2010, o seu novo propietario José Pérez López, canalizou o manancial cara unha fonte ao pé do actual muíño. O manancial milagreiro sae polo cano de abaixo. Alí segue... aportando saúde xenerosamente a doentes que o precisan.



Ramón Díaz Raña relata a súa relación coa Fonte de Cornide:

"Antes de vir destinado a San Sadurniño, xa escoitara falar dos milagres das augas a xentes do Alto do Castiñeiro (Narón) onde vivía a miña familia. Xa na parroquia, o primeiro que me falou delas foi Arturo da Escoitadoira. Tiña problemas no intestino e esas augas, segundo me contaba, sentábanlle de marabilla...."
Seguir lendo

  • A Fonte de Cornide

  • Fonte de augas mediciñais

  • Entorno da Fonte de Cornide

load

Documentos:

Ramón Díaz Raña e a Fonte de Cornide
A auga milagreira de Cornide (ABC, 24 de marzo de 1970)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: fontes, muiño, naturezas, San Sadurniño (parroquia), sons

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Compartir en: