O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas
O Casal, San Sadurniño, 1930
Arredor de 1911, nos xardíns do Pazo comezara un rito que se repetirá durante todos os veráns ata a chegada da segunda República. A marquesa Natividad Quindós organiza unha festa –coincidindo coa súa onomástica, o 8 de setembro- á que se invitaba aos nenos e nenas do concello. Estes asistían a festa con vales que conseguían asistindo ás clases de catecismo durante o ano. No día sinalado, os nenos intercambiaban os vales de catecismo por xoguetes. Dalgún xeito era como un marcador da fin do verán no val de San Sadurniño e un "plebiscito" de adhesión ao Señorío da Marquesa. Á festa asistían todos cuantos traballaban para a Marquesa ademais dos caseiros, colonos, invitados, curiosos, devotos e os que cobizaban algún favor da todopoderosa Dona do Pazo
Manolo Rico evoca aquelas "feiras do catecismo":
Temas: escola, feiras, lecer, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia)
Autor/a: Manolo Rico López