Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos
San Sadurniño, 1920
Entre os artigos mais curiosos publicados en Internet que ”falan de San Sadurniño”, as dúas entradas có título La duquesa, el cura y el Sindicato Agrario de Meirás 1 e “2” resultan especialmente relevantes polo rigor, amenidade e moita información que aportan sobre os VI, e VII Marqueses de San Sadurniño, o seu pazo, así como das orixes do cooperativismo agrario católico en Ferrolterra. Foron publicados no 2012 polo doutor en cencias económicas e profesor titular na Universidade de Santiago Ángel Ignacio Fernández González en Galicia Agraria, un blog especializado en historia da agricultura en Galicia .
Podes tamén descargar os documentos cos artigos completos. Foto: interior Pazo da Condesa nos anos dez. Arquivo municipal de San Sadurniño.
Temas: gandeiría, labregos e labregas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), muller, Internet, conflitos
Autor/a: Manuel González Álvarez
Fotógrafo/a: Arquivo municipal de San Sadurniño