Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

A derradeira

San Sadurniño, 2026

10ª Chanfaina Lab (14). Estrea: 8 de maio do 2026
Dirección: Xosé M. Rabón / A Rigueira Club
Duración 9' 06"
Sinopse: Relato imaxinado onde María de la Natividad Quindós y Villarroel, Marquesa de San Sadurniño-Duquesa da Conquista, xa no leito de morte, lembra algúns intres, lediciosos ou tristeiros, da súa vida, e das estadías en San Sadurniño, onde deixou unha fonda pegada.
Equipo artístico: Sonia Arranz, Manu Domínguez, Vitucho Rico, Amparo Calvo, Luísa Villar, Isabel González, Isabel Castrillón, Josefina Alvariño, Xoán Gato, Chano Painceira, Fran Otero, Andrés Mariño, Carlos Gestal, Chunando Sixto David Rico, Guillermo Romero, e estas nenas e nenos: Celia, Mario, Olivia, Naim, Sara, Xavi, Andrea e Anxo
Equipo técnico: Xosé Castro (Dirección de fotografía), Francisco Otero (Storyboard e axudante de dirección)
Víctor Rico (Produción executiva). Rabónidas-Guión, edición. Betorda Films-Son
Música: Giacomo Puccini. Anacos da ópera " La Bohéme" (instrumental), interpretada por André Kostelanetz e a súa orquestra "Columbia Symphony Orchestra" (tódolos dereitos reservados)
Gravado na parroquia de San Sadurniño dentro do programa 10ª Chanfaina Lab.

Máis información sobre esta peza en: Chanfainalab



A RIGUEIRA CLUB é un colectivo conformado por veteranos artistas e intelectuais coruñeses coordenados polo veciño de San Sadurniño, Víctor Rico, Vitucho, quen é o que alentou no seu grupo de amigos e parladoiros unha escusa para visitar San Sadurniño e de paso... facer un filme. No grupo -ademais do gran creador e artista escénico X.M. Rabón-, participan grandes fotógrafos como Xosé Castro “Pepucho”, artistas de renome como Carlos Vázquez e Fran Otero ou políticos como Xoán Gato. Estreáronse na 8º edición coa superprodución: "A lenda do pozo dos donceis" e no 2025 “A fraga máxica”
No colectivo "A Rigueira Club" xurdiu a idea de facer un relato imaxinado, tomando como referencia fotografías da época na que a Marquesa ficaba en San Sadurniño: reunións, festas, persoeiros invitados, as relacións cos estamentos relixiosos (monxas, frades), cos nenos do pobo, etc.
Foi un traballo complexo para conseguir o vestiario axeitado, elixir localizacións (Pazo, xardíns, Convento do Rosario, etc.) Houbo que adiar algunhas secuencias por mor do mal tempo. O máis complicado da gravación foron as secuencias no cuarto onde se desenvolven os derradeiros intres da súa vida.

  • A derradeira

  • Cartel A derradeira

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: Capelas, Chanfaina'Lab, cinema, Convento do Rosario, creador@s, muller, nenos e nenas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), Señores de San Sadurniño, vídeos

Autor/a: A Rigueira Club

Compartir en: