San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
San Sadurniño, 2014
A vespa velutina nigrithorax, máis coñecida como avespa asiática ou asasina, é unha especie invasora que está poñendo en perigo a apicultura galega. A vetulina procede do sueste asiático que, segundo se cre, entrou en Europa por Francia hai arredor dunha década. Desde alí foise propagando polo norte da Península Ibérica ata chegar a Galicia, onde se está multiplicando a grande velocidade.
Este video de 18 minutos con guión e dirección do xornalista e realizador Cesar Galdo, quere alertar sobre a invasión deste insecto que está vivindo, tanto a comarca como o resto de Galicia. Nel faise unha introdución á morfoloxía da vespa velutina e as medidas de loita contra delas. Mais tamén sobre o manexo dos niños e o proceso de retirada dun enxame de avespas ao pé dunha casa en Bardaos, ensinándonos paso a paso todas as precaucións que cómpre tomar. Conta ademais con intervencións de veciños e veciñas, así como de representantes do mundo da apicultura.
O audiovisual está producido polas concellarías de Medio Ambiente e de Participación veciñal do Concello de San Sadurniño coa colaboración da Asociación Galega de Apicultura.
Outros vídeos de Cesar Galdo
Temas: animais, Bardaos, creador@s, conflitos, San Sadurniño (Concello), vídeos, Naraío
Fotógrafo/a: César Galdo
Vídeos:
Trampa para avespa velutina (Vespa Velutina Nigrithorax)