Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

 "A arte do silencio"

O Piñeiro, 2025

9ª Chanfaina Lab (12). Estrea: venres 11 de abril do 2025
Guión, cámara e dirección: Cruz Piñón
Montaxe: Roberto Bouza Piñón
Sinopse: “Cruz Piñón enfróntase de novo cos seu medos da infancia na vella casa dos seus avós paternos”.
Duración: 3'56"
Gravado en Piñeiro (Naraío) dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Cruz Piñón (Ferreira 1953),
Labrega nada en O Piñeiro (Naraío) é unha das nosas veteranas e imprescindíbeis participantes en numerosos proxectos de "Fálame de San Sadurniño". Xunto con outras catro amigas labregas crearon o proxecto multipremiado "Teño unha horta en San Sadurniño" (máis de 70 vídeos). Sen dúbida algunha, Cruz é xa unha referencia do concello de San Sadurniño a través de obras que a adoptaron como protagonista como "Cruz Piñón" de Xisela Franco ou "Espantos e desencantos" de Ariadna Silva. Porén, xunto coas súas compañeiras -xa como cineastas- sorprenderon nas anteriores Chanfainalabs coas pezas "Historia do cisne, o atún e a troita", "Boniatos no país do sol poniente", "Electra", "Decides que o matrimonio", "Cando eu era nova" e A última fonte. Na 8ª edición da Chanfainalab (2023), Cruz debutou como guionista e directora dunha peza en solitario: Anguria.

Nesta edición Cruz volveu a atreverse a crear outra obra individual, aínda que tamén tivo tempo para participar na peza colectiva de ""No tempo dos escapados" ou axudar -coma sempre- nas creacións doutros cineastas como "A gatiñeira de San Sadurniño" de Fernando Cortizo; "Mírame" de Kevin Lorenzo "O parto da parda" de Abel Vega ou "Donde me leven" de The sungirls. De novo Cruz afonda nas súas lembranzas da infancia como terapia do presente cunha historia de emocións e sentimentos: "Xa van 71 anos que convivo cunha cousa dentro de min que teño que botar para afora. Un dano que se me fixo na vella casa dos meus avós paternos, sendo eu unha nena dun ano, e que non llo desexo a ninguén. Así que collín a cámara e fun ata as ruínas da casa para enfrontarme coas amargas lembranzas daqueles dias. Agora penso que unha nena non ten por que sufrir o dano que eu soportei, mais volvín a sentir o alivio que xa experimentara con "Anguria", como si vencera algo que levaba anos metido aí dentro".

"Arte do silencio" é outra peza terapéutica que serviu a súa autora, sobre todo, para liberarse dun pasado doloroso e terrorífico. Para Cesar Galdo é "quizais a máis sobrecolledora de todas cantas se produciron para o noveno Chanfaina lab. “A arte do silencio” ten pouca variedade de imaxe, apenas uns planos de muros vellos e cubertos de silvas da casa familiar de Crucita. Pero aínda así é unha xoia audiovisual de tal forza que obriga a conter o alento mentres escoitamos a Piñón contando os seus primeiros recordos, traumas infantís que aínda perviven na súa memoria e que ela narra como terapia para superalos" "Gustaríame recomendar a quen mire a peza, que medite sobre o que unha nena pode sentir e como lle queda unha marca no corazón para toda a vida, aínda que os adultos non a perciban. As lembranzas negativas da infancia son difíciles de perdoar". Unha nova lección de vídeocartografía terapéutica que nos achega a afouteza de Cruz Piñón. É admirable que o faga a través dunha cámara de vídeo na que fusiona vida persoal e cinema. Ese recendo de alivio que percibimos na nosa brava cineasta é a proba de que coa autenticidade chégase sempre ao corazón do espectador.
Fotografías César Galdo.

  •  "A arte do silencio"

  • Cruz no Castelo de Naraío

  • Cruz Piñón na foto oficial da 9ª Chanfainalab

  • Cruz e Maruxa na Eira de cineastas na 9ª Chanfainalab

  • Cruz na Eira de cineastas.

  • Maruxa e Cruz na Eira de cineastas da 9ª Chanfainalab

  • Cruz, Kevin e Iago, imprescindibeis

  • Fran Nogueira e o colectivo de "Teño unha horta" na Gala da 9ª Chanfainalab

  • Fran Nogueira e Cruz Piñón presentando a Gala

  • Fran Nogueira entrega a Lola Chanfainaira a Cruz Piñón

  • Cru Piñón presentando " A arte do silencio"

  • Outra foto de Fran e Cruz

  • Cruz entrega a Lola Chanfaineira a Fran Nogueira

  • Cruz Piñón entre os cineastas da 9ª Chanfainalab

  • Cruz entre o público da Gala da 9ª Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, creador@s, familias, Horta de Cruz, nenos e nenas, videocartografías, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Cruz Piñón Pereira

Compartir en: