O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos
San Sadurniño, 1853
O ano 1853 pasou a á historia de Galicia como o infausto “ano da fame”, por mor dun anómalo ciclo agrícola iniciado en 1852, no que unha serie circunstancias especiais de frío, choiva incesante, saraibas e xeadas estragou todas as colleitas como veremos a continuación. A propia Rosalía de Castro referíuse a ese feito en repetidas ocasións. Será ademais a espoleta do comezo da emigración masiva á América.
Daquela Justo Álvarez Sierra era o alcalde, ademais de administrador dos colonos e caseiros do recén casado Marqués. O moi conservador "Don Justo" debía coñecer ben a situación dos labregos de San Sadurniño, pois as propias rendas que lle abonaban ao Marqués perigaban por mor da anómala situación climatolóxica. O pleno municipal chegará a solicitar a supresión dos impopulares e inxustos impostos de consumos para os mais pobres e así garantir a súa subsistencia, "por el estado de máxima necesidad de las 3.900 almas del municipio", das que 926 considerábanse como "pobres de solemnidade". No mes de maio enviouse un informe ao Goberno Civil sobre da grave situación agraria en San Sadurniño e solicitando un aprazamento do pago das contribucións : “En este distrito las cosechas se hallan sumamente atrasadas a proporción de otros años, sin que hasta la fecha se halla comenzado la riega, a excepción de algún centeno y un poco trigo que pudieran hallarse en sitios más o menos calientes, se solicita un aplazamiento de los repartimientos e arbitrios”. Outro informe de xullo indicaba: "La cosecha de trigo y centeno ha sido menor que mediana por no haber ardido los montes por la abundancia de agua del año último y no hay existencia de granos de anteriores cosechas. La cosecha de patatas si bien ha sido abundante en las pocas que se plantaron, se observa que en la actualidad se pudren en su mayor parte por lo que no puede haber ningún sobrante más bien hacen falta; tampoco hay cosecha de vino y el maíz se presenta regular pero tardío y la destruyen las heladas. El precio del trigo se incrementó hasta los 16 reales y la miseria general hace que se incrementen los robos de patatas por el distrito” . A mediados de setembro creanse patrullas polas parroquias por mor do número crecente de roubos nos campíos para afanar millo e legumes.
As patrullas de homes armados "de confianza do goberno" desplegaranse por todas as parroquias na procura dos ladróns de alimentos; o prezo dos alimentos básicos disparouse e a miseria xeral chegou ás familias de San Sadurniño que gastaron os seus cativos aforros, algunhas tiveron que vender o gando e hipotecar terras e vivendas. Foi precisamente ese ano cando moitos homes tomaron a decisión de emigrar á América -nomeadamente a Cuba- na procura dalgunha perspectiva de futuro ante a penuria e miseria sen precedentes da meirande parte da veciñanza de San Sadurniño. Mais a crise de 1853 afectou a toda España e sentou as bases para a revolta popular que deu paso ao Bienio progresista de 1854, no que San Sadurniño tivo catro alcaldes.
Na ilustración, prezos por ferrados en San sadurniño. Nótase a suba dende 1852.
Temas: conflitos, emigración, labregos e labregas, San Sadurniño (Concello)
Vídeos:
1853 O ano da fame