Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

" SanSa "

Todas as parroquias de San Sadurniño, 2025

9ª ChanfainaLab (4). Estrea: venres 14 de marzo do 2025
Duración: 5'
Guión, dirección, fotografía e montaxe: Manuel Recouso
Produción: Pepi García Piedra e ChanfainaLab
Voces off: Lucía da Lobeira e Camila López Couce
Narradora: Josefa García Piedra
Reparto: Javier Bellón Sedes, Verónica Castro Rodríguez, Segismundo Vergara
Músicas: Relaxin flaute music (Onetent); Epic travel on celtic roads (Music For Video); Terra mater ( Kulakovka); White Horse (Esesli); Informa Irish Tavern (Magiksolo); Emotional Piano Music (Sigma Music Art)
Sinopse: "SanSa pretende reflectir a vida en San Sadurniño ao longo dos tres días da Chanfainalab, dende as paisaxes, o patrimonio, a historia e a economía das súas sete parroquias até algunhas actividades realizadas na fin de semana como a Festa do San Pipote en Bardaos e a ruta cabalar da Asociación dos cabaleiros de Santa Mariña do Monte. Pretende amosar como é o dia a día do concello, así como a natureza e a realidade das xentes que alí habitan"
Gravado na Paseo do río Xuvia, ruta do río Castro, Castelo de Narahío e as sete parroquias do concello de San Sadurniño dentro do programa da 9ª Chanfainalab



Manuel Recouso Piñeiro , (Padrón, 1967). Afeccionado ao audiovisual dende neno, tras varias experiencias no IFP de Padrón trasladouse a Barcelona, onde se formou a través de varios cursos de realización e noutros centros formativos, mais sempre orientando a súa vida profesional á creación de reportaxes e vídeos industriais para fotógrafos, empresas e medios de comunicación pola súa grande afección a creación audiovisual. Traballou profesionalmente como fotografo para prensa e cámara para a produtora VDP, así como montaxes de iluminación para eventos. Asemade imparte habitualmente formación audiovisual en varios Institutos da comarca de Padrón. De cando en vez aposta por proxectos persoais como nun libro de fotografías de bolboretas ou unha serie de vídeos sobre as catro parroquias do concello de Catoira.

Manuel chegou á Chanfaina cunha idea aproximada do que ía a facer: unha exhaustiva ollada documental ao concello dende o punto de vista de alguén que descoñece por enteiro a realidade de San Sadurniño. "Nun principio non vía o territorio de maneira distinta a como se pode ver calquera concello de interior, dos que non teñen mar. Mais en ningún momento imaxinei o que pouco a pouco acabei vendo e xustamente é o que intento amosar na miña peza. Nunca pensei que apostase tanto polo cabalo; tamén chamoume a atención as froiteiras autóctonas e o arboreto, a deusa Navia, os roteiros pola natureza ateigadas de fervenzas fermosas e a inmensa riqueza patrimonial e histórica. De feito, o que máis limitou o meu traballo foi a escasa duración da peza. Foime moi difícil condensar en 5 minutos a riqueza humana e paisaxística de San Sadurniño. Pola miña banda eu fun adaptando o meu guión inicial aos acontecementos e lugares que fun descubrindo no proceso."

"SanSa" é una peza que bebe na tradición clásica dos documentais que pretenden ensinar o universo dun territorio con empatía e xenerosidade, onde se mestura o patrimonio material e inmaterial e o devalar dos seus habitantes: "quizais tentei achegar demasiada información en cinco minutos, de xeito que, pola miña banda, invito a visionala unha segunda vez. Sen dubida outra persoa coas mesmas imaxes faría outro traballo distinto, pero iso e o bo da arte -e da Chanfainalab que favorece a tolerancia- coa combinación das mesmas notas acádanse resultados diferentes e ningún deles ten que ser bo ou malo, simplemente como con todo gustará ou non gustará. Eu quedei moi satisfeito dalgunhas secuencias como as imaxes dos cabalos e da ruta cabalar, entre o ceo coas nubes dándolle ese toque de película do oeste, quizais non cheguei a conseguilo mais as trazas están, son pequenos detalles inapreciables a primeira vista, pero aí están". Pois isto é o que terán que descubrir as persoas espectadoras, invitadas a somerxerse nun océano de imaxes que converten a SanSa nun universo por descubrir
Fotografias de César Galdo

  • " SanSa "

  • Manuel Recouso (centro) na foto oficial da 9º Chanfainalab

  • Recouso na "Eira de cineastas"

  • Manuel Recouso en acción

  • Gravación de "SanSa"

  • Manuel Recouso en Santa Mariña do Monte

  • Manuel Recouso gravando aos cabaleiros de Santa Mariña

  • Cabaleiros de Santa Mariña

  • Manuel Recouso recollendo a súa Lola Chanfaineira

  • Fran Nogueira saudando a Manuel Recouso

  • Manuel Recouso na Gala da 9ª Chanfainalab

  • Manuel Recouso na Foto oficial da Gala da 9º Chanfainalab

  • Manuel Recouso na IX Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: animais, asociacións actuais, Bardaos, castelo de Naraio, festas e romarías, naturezas, roteiros, Santa Mariña do Monte, vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Manuel Recouso

Vídeos:
Canle de youtube de Manuel Recouso

Compartir en: