San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo , brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.
Marcial Rodríguez fálanos deste lugar singular no Forgoselo, no concello de San Sadurniño.
Forgoselo, Naraío ,2000
A través da cámara e a voz de Abel Vega Vega, poderás "pasear" ás beiras do río Castro en Igrexafeita ata chegar á...
Pozo de Lamas, Igrexafeita ,2002
No mes de maio de 2015 a aula Cemit impartiu en Lamas un curso de "Fotografía dixital" no que as alumnas e alumnos...
Lamas ,2002
Arredor de 1967 o alcalde Ángel Gavín tivera o proxecto de construir un paseo ás beiras do río Xuvia con piscinas,...
San Sadruniño ,2005
En marzo do ano 2009 comezou a plantacion da horta de conservación de froitas autóctonas, unha orixinal e vizosa...
A Cortiña, San Sadurniño ,2009
O arboreto galego de San Sadurniño é un xardín botánico adicado á proteccíón e cultivo das árbores autóctonas....
A Cortiña, San Sadurniño ,2009