Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Bardaos

A singular parroquia de Bardaos -"lindeiro montañoso e fronteirizo" - ubícase ao norte do Concello de San Sadurniño; os seus 277 habitantes viven nunha superficie de case 7 kilómetros cadrados en habitat dispersos, agrupados en 14 núcleos de poboación. O seu territorio é un val rodeado por montañas - Coto Agudo e Rapadoiro- e atravesado polo río Forcadas, que desemboca no embalse do mesmo nome. A principal ocupación dos seus habitantes é a agrogandeiría e o sector forestal. A paisaxe peculiar de Bardaos débese á concentración parcelaria realizada na década dos setenta. A súa festa mais salientable foi sempre a de Santa María de Bardaos, agora reconvertida na popularísima festa do San Pipote. Toponimia de Bardaos

64 historias

O castro de Bardaos

Na época prerromana, "Bardaos"-igual que "Monte"-, foi, sen dúbida, terra abondosa en pastos e caza. Unha terra brava...

Castro, Bardaos ,1

Celtas en Bardaos?

Bieito Beceiro Fernández, mozo de Bardaos e estudante de 2º BAC no IES “Concepción Arenal” de Ferrol realizou...

Coto Agudo, Bardaos ,1

Fundación do mosteiro de San Salvador do Pedroso

O 30 de xuño do 1111, Dona Munia Froilaz, irmá do gran señor de Galicia, Pedro Froilaz de Traba, fundou o mosteiro de...

Pedroso, Narón ,1111

Doazón de Randulfe ao mosteiro do Pedroso

O 3 de marzo de 1246, catro irmáns que afirman ser fillos de Maior Diéguez, chamados Juan, Elvira, Urraca Froila e...

Randulfe, Bardaos ,1246

O II Señor de San Sadurniño merca o Couto do Pedroso

A mediados do século XVI moitos dos homes e terras do actual Concello de San Sadurniño eran "propiedade" do Couto...

Pedroso, Narón ,1544

A vida difícil de labregos e labregas no San Sadurniño de 1750

A mediados do século XVIII, baixo o reinado do rei ilustrado Fernando VI, o Secretario de estado e ministro de Facenda,...

San Sadurniño ,1750

Bardaos 1752

A mediados do século XVIII, baixo o reinado do rei ilustrado Fernando VI, o Secretario de estado e ministro de Facenda...

Bardaos ,1752

Parroquia de Bardaos no 1836

Descrición da parroquia de Bardaos segundo o Diccionario Geográfico Estadístico Histórico de Pascual Madoz ....

Bardaos ,1836

A saga dos Canosa

As Loibas, Bardaos ,1890

"Un valente" na feira de San Sadurniño

En 1894 publicábase no "Almanaque Gallego 1895" un poema titulado "Un valente" coas vivencias dun destemido aventureiro...

Campo da feira, San Sadurniño ,1894

Antonio Cibreiro Pérez, alcalde

Alcalde de San Sadurniño (1902-1905) Antonio Cibreiro Pérez nacera en Monte en 1847, mais casou e viviu toda a vida...

Loibas, Bardaos ,1902

San Sadurniño en 1928

En 1930 publicouse a “Geografía General del Reino de Galicia” dirixida polo xeógrafo e historiador catalán ...

San Sadurniño ,1928

A nosa avoa Dorinda

Esther Villadóniga e Pilar Novo falan desta antiga foto na que están a súa avoa Dorinda, Evangelina e Matilde da...

A Fraga, Bardaos ,1932

"Misións pedagóxicas" en San Sadurniño

Un dos obxectivos fundamentais do Goberno da 2ª República foi a mellora do ensino público, tanto mediante creación...

San Sadurniño ,1932

Mortos en combate na Guerra Civil en 1938

Segundo o Rexistro Civil de San Sadurniño, 23 mozos - menores de 30 anos- e naturais do concello, morreron nos campos...

San Sadurniño ,1938

Manuel entre Atilanas

As Loibas, Bardaos ,1943

As irmás Graña

As Loibas, Bardaos ,1950

A familia Canosa vai ao traballo

As Loibas, Bardaos ,1951

Batallón de modistillas

As Loibas, Bardaos ,1952

Un día feliz

Leboriz, Bardaos ,1954