Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Xoel e Sancho Yoda"

San Sadurniño, 2019

6ª Chanfaina'Lab (18). Estrea mércores, 1 de abril do 2020
Director: Pablo Martínez.
Cámara: Iago Lourido e Pablo Martínez
Reparto: Pablo Martínez, Joám Cortizas, Iago Lourido
Sinopse: "Un mozo chamado Xoel, basea a súa vida en xogar ao ordenador constantemente. Un día Xoel, canso de vivir aventuras virtuais, decide procurar unha aventura real".
Duración: 11' 33”
Gravado en San Sadurniño e o Forgoselo dentro do programa da 6ª Chanfainalab


Pablo Martínez (San Sadurniño, 2004) -xunto cos seus colegas Iago, Joám e Catalina- son os participantes mais novos da 6º Chanfainalab. Hai pouco que cumpriron os quince anos e remataron 3º da ESO no CPI de San Sadurniño. De sempre, Pablo foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a súa teima verdadeira é a animación. Neste último ano desenvolveu unha grande afección polo debuxo. Os seus xéneros favoritos son os filmes de fantasía e ciencia ficción, mais tamén os videoxogos, nomeadamente os que se desenvolven en "mundos abertos". De feito xestiona PJPentakill, a súa propia canle de videoxogos en youtube. Xa fai dous anos sorprendéranos coa frescura que zumega a súa curta "O meu traxecto ao cole". Na chanfaina 2017 realizara o moi meritorio "Enamorándose de San Sadurniño". Na edición de 2018 realizou “Conectado".

Nesta edición volveu a colaborar nas curtas dos seus amigos como a de Catalina “"As Aventuras de Marcelino e Clemente", a de Iago "Cando ruxe o formigueiro 2.0", "Con ollos de xigantes" de Ana Martínez ou "Un ninguén máis" de Ángela Anosa; tamén asistiu ao curso de fotografía 3D (Anxo Santomil) e montaxe (Sandra Sánchez). Mais nesta edición, Pablo volveu a optar por realizar unha peza que transmitira unha mensaxe á xente da súa xeración: "Dinlle moitas voltas ao tema, e a idea final desta curta xurdiume ao pensar como sería un Don Quixote coas características da sociedade actual; despois de pensalo moito decidín realizala.Tivemos algúns problemas cos horarios e coas tomas, nas que aprendín a lección de cómo ser un mellor director; basicamente por non revisar algunhas tomas que non tomei a precaución de comprobar e que tiña que haber regravado para que quedaran ben. Iso é algo que aprendín para o futuro"

En "Xoel e Sancho Yoda", Pablo insiste no camiño que iniciara o ano pasado con “Conectado", cunha mensaxe que anima á mocidade a enxergarse na vida exterior, abandonando o confinamento e illamento que as veces promoven as novas tecnoloxías. Nesta ocasión ideou unha trama poboada de referencias ao anime, os videoxogos e á banda deseñada, mesturada cun arquetipo literario universal. "Este ano esforceime por mellorar a calidade tanto de edición coma de narrativa, o meu obxectivo é que cando o espectador vexa a curta, poida entender a historia, e ademais que poida botarse unhas risas; tamén espero que poida entender os guiños ao mundo do anime e dos videoxogos que puxen, pois divertirase aínda máis que os que non coñezan as referencias utilizadas. Confío en mellorar co paso dos anos con tramas máis complicadas e mellor editadas." Segue a sorprender a madurez e humildade que reflicte este novísimo, e prometedor cineasta no que xa podemos intuir os chanzos que van definir unha mirada propia. Para a orgaización da Chanfainalab volve a ser un orgullo e unha honra a participación e a imaxinación desbordada de rapaces tan creativos como Pablo e os seus colegas.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Xoel e Sancho Yoda"

  • Pablo Martínez como Xoel na 6º Chafainalab

  • Pablo na sesión preparatoria da 6º chanfainalab

  • Pablo na sesión inicial da 6º chanfainalab

  • Pablo cos cineastas da 6º Chanfainalab

  • Pablo e Bieito na "Eira de cineastas"

  • Pablo na foto oficial da 6º chanfainalab

  • Mocerío audiovisual de Sansa: Catalina, Pablo André e Bieito

  • Pablo e Catalina na 6º Chanfainalab

  • Anxo Santomil , profe do mocerío 3D de Sansa

  • Pablo no curso de montaxe de Sandra Sánchez

  • Pablo e Catalina no obradoiro de fotografía 3D

  • Os colegas de Pablo no curso de Anxo Santomil

  • Alumn@s do curso de fotografía 3D

  • Pablo e Jaime

  • Pablo, Catlina, Jaime e Cesar

  • André Couce e Pablo na estrea mundial da 6º Chanfainalab

  • Pablo entre o público da 6º Chanfainalab

  • Pablo e @s cineastas da 6º Chanfainalab

  • Pablo na estrea mundial de "Xoel e Sancho Yoda"

  • imaxe de Yoda

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: creador@s, nenos e nenas, San Sadurniño (parroquia), vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Pablo Martínez Romero

Vídeos:
"Conectado"
"Enamorándose de San Sadurniño"
"O meu traxecto ao cole"

Compartir en: