Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Vicente Barros Soto, emigrante perdedor

Igrexafeita, 1933

En "Fálame de San Sadurniño" publicamos algunhas historias relacionadas coa emigración, onde dimos conta de homes e mulleres que acadaron certa fortuna na súa aventura migratoria. Abonda con cliquear o tema "Emigración" para comprobalo. Comerciantes retornados ricos como Antonio Couce López, Pelayo Casal, Segundo Yañez, José López Torre, Lino Mera, Jesús Casal Castro ou Matías Fernández Murias son boa proba delo; outros non retornaron, aínda que tiveron unha vida aceptábel alén do mar, onde formaron familias enxergándose no país de adopción como Teodoro Luaces, os irmáns Naveiras ou Marcelino Vigo. Mais algúns fracasaron completamente. Este é o caso de Vicente Barros Soto

En 1933 o Consulado de España en Cuba enviou un escrito ao Concello de San Sadurniño notificando a repatriación forzosa de Vicente Barros Soto, xornaleiro e viúvo de 52 años, "por hallarse en la mayor indigencia". Chegamos a coñecer que nacera o 19 de febreiro de 1881 en Igrexafeita, sendo fillo dos labregos Juan Barros e Rosa Soto: Os avós paternos procedían da Capela e os maternos de Recimil. Mais non fumos capaces de averiguar qué lle aconteceu a Vicente Barros dende que o barco "Orinoco" que o traía de volta a casa tocou terra en Coruña o 2 de setembro de 1933, tras dunha accidentada travesía na que case naufraga o buque por mor dunha treboada no mar de Florida...
Manuela C Perez
conta que morreu nun asilo de Ferrol atendido por monxas....Alguén coñece algunha nova de Vicente Barros de Igrexafeita?

  • Vicente Barros Soto, emigrante perdedor

  • Documento de expatriación de Vicente Barros(1933)

  • O buque que trouxo de volta a Vicente Barros

  • Vicente Barros Soto de mozo. Foto de Manuela C Pérez

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: emigración, Igrexafeita, xente

Compartir en: