Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

Teatro, puro teatro

San Sadurniño, 1957

En "Fálame de san Sadurniño" fomos dando conta da tradición teatral de San Sadurniño en diferentes momentos do século XX. Un dos máis relevantes aconteceu coa chegada do novo mestre de San Sadurniño en 1943, Ignacio Moreno Bausán, procedente dunha escola leonesa. De seguido o inquedo D. Ignacio comezou a organizar actividades culturais de diversa índole, nomeadamente coa creación dun grupo teatral formado pola xuventude de San Sadurniño. Conseguiu motivar a gran parte da mocidade daquela como o futuro alcalde Angel Gavín, Pedrido, Senén, Manolo París, María Victoria, etc. O grupo porá en escena numerosas obras durante as décadas dos corenta e cincuenta e terá continuidade - a través de Antonio Parra- ata o fin do franquismo. Ignacio será ademais -xunto con Gervasio López- un dos impulsores do cinema Avenida, o espazo onde se representaban as obras cun gran éxito popular.

Ángeles Rodríguez García, máis coñecida como "a nena de García" evoca aqueles intensos días de "puro teatro", antes de emigrar a Venezuela co seu pai Andrés Rodríguez Hermida. Na galería fotográfica pódense ver numerosas imaxes das representacións teatrais, nomeadamente da obra "O mago do balón", "Guillermo hotel" de Antonio Lara, "Tono", (que se adaptará ao cine co título de "Habitación para tres") e "Cousas de papá e mamá".
Na foto de portada, "a nena de García" e Angel Gavín

  • Teatro, puro teatro

  • Obra de teatro "O mago do balón"

  • Cadro actoral da obra "O mago do balón"

  • Representación "O mago do balón"

  • Obra "O mago do balón"

  • Monólogo da nena no colexio de monxas

  • Angeles nunha representación no colexio

  • A "nena de García" nunha actuación no colexio

  • Compañeiras do colexio representando unha obra de fin de curso

  • Obra de teatro no colexio

  • Final da obra

  • A nena na obra "Guillermo hotel". Elena vai viaxar á cidade do seu noivo Ludovico para casar

  • Elena alóxase nun hotel ata a voda...

  • Quén é este home? Trátase dun ladrón...

  • Cando volve á habitación aparece un home na cama. É Alberto, un avogado, a quen lle deron a mesma habitación por confusión.

  • Qué hai baixo a cama?

  • Por favor, salga da miña habitación!

  • Temos un problema...

  • Eu viña a roubar... e escondinme debaixo da cama

  • Necesito unha explicación do que está pasando...

  • A loita...

  • Chegan as familias e o noivo Ludovico...

  • E a cousa complícase...

  • Actrices e actores saúdan no final da obra

  • A obra "Cousas de papá e mamá", a ultima actuación de Ángeles antes de marchar para Venezuela

  • Ángeles Rodríguez coñecida como "a nena de García"

  • A actriz venezolana Amalia Pérez Díaz

  • Amalia Pérez Díaz

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: lecer, muller, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), teatro, xente

Autor/a: Ángeles Rodríguez García

Compartir en: