Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Soñadores"

San Sadurniño, 2018

5ª Chanfaina'Lab (23). Estrea venres, 19 de xullo do 2019
Director: Gabriel Tizón
Sinopse: "Ronseis de seres vivos, paisaxes e cineastas que convirten o cotián en algo extraordinario no territorio da Chanfainalab".
Duración: 5’ 10"
Fotografías tiradas en San Sadurniño do 31 de agosto ao 2 de setembro do 2018 dentro do programa da 5ª Chanfainalab .


O grande fotógrafo Gabriel Tizón (Ferrol, 1973) acumula unha impresionante traxectoria como creador visual en múltiples países, contextos e circunstancias. Dende o ano 2000 ten realizado unhas trescentas exposicións colectivas e máis dun cento individuais tanto en España como por todo o mundo. A súa obra está presente en coleccións públicas e privadas e acadado premios e recoñecementos en numerosos certames e concursos de fotografía nacionais e internacionais. Nos últimos anos o fotógrafo tamén está a desenvolver proxectos solidarios e iniciativas cun apaixoado compromiso persoal no rexistro do drama migratorio en Africa, Europa e Asia. Gabriel colabora habitualmente co Concello de San Sadurniño en proxectos singulares como "Fútbol que fala" ou "Miradas novas" entre outros.

Como xa fixera noutras edicións da Chanfainalab Gabriel agasallounos coa súa xenerosidade e colaborou na Chanfainalab por cuarta vez, disposto a enxergarse no territorio e o traballo d@s cineastas invitad@s: "Soñadores" é o resultado desta achega: un mosaico intencionadamente composto con momentos especiais de grande potencia visual, onde Gabriel aporta a súa moi persoal mirada á Chanfainalab e que imbúe de beleza e significado a dous días de convivencia creativa. Un fermoso colofón á Chanfaina 2018, onde poderemos ver a creador@s, veciños e veciñas nos espazos de gravación dende os ollos de Gabriel Tizón.
Con esta peza finalizamos a 5º Chanfaina lab. Adxuntamos tamén a impresionante colección de fotografías tiradas polo cineasta, xornalista e fotógrafo de Naraío Cesar Galdo.
Fotografías do 31 de agosto do 2018
Fotografías do 1 de setembro do 2018 .
Fotografías do 2 de setembro do 2018
Fotografías da estrea mundial o 9 de febreiro do 2019.
Vémonos de novo na 6º Chanfainalab do 2 ao 8 de setembro do 2019 !!!!

  • "Soñadores"

  • Gabriel Tizón na 5º Chanfainalab

  • Gabriel Tizón c@s chanfaineir@s da 5º edición

  • Gabriel Tizón de turismo por Sansa

  • Gabriel Tizón facendo o que sabe facer ben

  • Entre o público da "Eira de cineastas"

  • Manolo, Gabriel e Abel

  • Traballando en Racamonde

  • Aser e Gabriel

  • Gabriel e Aser

  • Gabriel Tizón en Racamonde

  • Gabriel Tizón na piscina da Casa Outeiro

  • Gabriel respirando ar de Naraío

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Chanfaina'Lab, creador@s, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes

Autor/a: Gabriel Tizón

Fotógrafo/a: Gabriel Tizón

Compartir en: