Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

Sociedade Pro-escolas en Ferreira

Ferreira, 1915

En febreiro de 1915, os naturais de Ferreira emigrados en Bós Aires e Montevideo decidiron constituir a sociedade "Pro-escuelas en Ferreira", co obxectivo de construir escolas para nenos e nenas na parroquia da súa infancia. Tamén contribuiron á reforma do cemiterio de Ferreira. Co tempo, e tras moitas dificultades, chegarán a inaugurar a escola da Seara e a escola da Leiriña. No ano 2001, María Naveiras con 103 anos, lembrábase dos comezos daquela Sociedade que pretendía crear escolas para que os nenos e nenas da parroquia ferreiresa non tiveran que emigrar.


Na fotografía posan un grupo de socios/as da sociedade "Pro-escolas en Ferreira" nunha festa en Bós Aires. No reverso da foto consta a seguinte inscripción manuscrita: "1º: José Cobelo y Sra., 2º: Timoteo Cobelo y Sra., 3º: hermana de Teresa y marido, 4º: hermana de Teresa y marido, 5º: Antonio primo de Timoteo y hnos., y el resto son de Ferreira ó hijos y nietos".
Agradecemos especialmente a colaboración do historiador Raúl Soutelo pola cesión das gravacións orixinais realizadas no 2001, Miguel Noval pola dixitalización dos audios analóxicos, Fernando Campos pola cesión da fotografía da portada e José Luis Naveiras e familia de María pola autorización da publicación desta foto falada.
Mais historias de María Naveiras

  • Sociedade Pro-escolas en Ferreira

  • Reverso da fotografía

  • Escola da Seara en Ferreira

  • "Escuela Buenos Aires", inscrición no edificio da escola da Seara en Ferreira

  • Selo da Sociedade Pro-escolas en Ferreira

  • Escola da Leiriña en Ferreira

  • "Escuela Montevideo", inscrición no edificio da escola da Leiriña en Ferreria

  • Agasallo dunha pizarra á escola en 1961

load

Documentos:

As escolas de americanos en Ferrolterra. Vicente Peña. Revista Cátedra
A escola de Leiriña. Eirexado. nº 19. Agosto do 2013

Comentarios

Raúl Soutelo Vázquez

2014-01-31 22:14:27

Parabéns polo magnífico traballo que están facendo. Escoitar de novo a voz de María Naveiras e ver esa foto estupenda que recuperaron resulta emocionante para este "maestriño" como me chamaba a avóa María.

Máis imaxes

Temas: asociacións históricas, emigración, escola, Ferreira, xente, outros lugares

Autor/a: María Naveiras Naveiras

Fotógrafo/a: Arquivo Fernando Campos

Compartir en: