Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

músicas

San Sadurniño ten unha longa tradición e asentada afección por todo tipo de músicas cancións, eventos musicais, festas e romarias, músicos de San Sadurniño

Saraibas

San Sadurniño, 1978

Saraibas é un grupo mítico do folk galego formado no ano 1978, por un grupo de amigos de San Sadurniño que levaban cantando xuntos como afeccionados dende 1969. O grupo inicial estaba formado por Martín Sanjurjo, Miguel A. Sanjurjo, Avelino Cinza, Rexina Cinza, Emma Calvo e Elisa García. Mantivéronse en activo ata o 2004 . O grupo chegou a editar 6 CDs e compartiu escenarios con figuras da música galega e internacional por todo o mundo. Tamén foron os impulsores -xunto con Ramón Díaz Raña- do Certame de canción infantil galega "Cantareliña" (1983-1990).
Aquí podes escoitar unha das súas cancións mais populares: "Nación".

E aquí podes ler todas as letras ou escoitar moitas das súas cancións.
O propio Ramón Díaz Raña remitiunos un texto có título “O talento artístico non se merca na feira” no que debulla nas orixes do mítico grupo:
"Síntome moi ligado ao nacemento do grupo SARAIBAS. Ao chegar eu a San Sadurniño estaba daquela de Superiora e Directora do Colexio das Monxas de Cristo Rei a Nai Luisa María, quen, como boa valenciana, era experta en música. Con motivo das diversas solemnidades litúrxicas (Nadal, Semana Santa, San Xosé, Festa de Cristo Rei....) xuntábase con un grupo de rapazas e rapaces da parroquia para ensaiar novos cantos e darlle así máis realce a festa. A cousa resultaba verdadeiramente solemne. Facíano de marabilla. Había acompañamento de guitarras e diversos instrumentos de percusión. Chamáronme poderosamente a atención. Entre as mulleres sobresaía Emma de Torina e entre os homes Miguel Sanjurjo. Despois, xa sen depender da Nai Luísa María, fomos facendo un elenco de cantos litúrxicos cun repertorio ben amplo (Padre Zezinho, Misa Nicaragüense….) e animeinos a saír cantar noutras parroquias en vodas e festas patronais. Unha desas vodas foi a de Adela (sobriña de Otilia) e Xosé Luis....Máis adiante, matinando matinando, damos outro paso. Preparamos algunhas cantigas de Fuxan os Ventos e outras cancións populares galegas e, polo 15 de agosto, presentáronse nun concurso de cantos populares a celebrar nas Somozas. So apareceron eles...."
Continuar lendo o artigo
Na fotografía, o grupo Saraibas actuando no Pazo da Unesco en París o 20 de outubro de 1985.

  • Saraibas

  • Unha terra, un pobo, unha fala 1980

  • Xa non podemos calar 1981

  • Carecas 1986

  • Camiño longo 1991

  • Cancións 1996

  • Cantamos para poder voar 1999

  • Historia de Saraibas (Saturnal,2000)

  • Somos Nós

  • No Pazo da Unesco en Paris

  • Saraibas no Pazo da Unesco en Paris

  • Saraibas na Praza Simón Bolívar en Caracas

  • Ramón Díaz Raña na Praza Simón Bolívar en Caracas

  • Furgoneta de Saraibas (2015)

  • Reportaxe en La voz de Galicia 13.7.1980

load

Documentos:

Historia dos Saraibas (Programa de festas. 2000)
Saraibas: "O talento artístico non se merca na feira"

Comentarios

Máis imaxes

Temas: vídeos, lecer, San Sadurniño (Concello), música, creador@s, músicos

Autor/a: Ramón Díaz Raña

Vídeos:
Os aproveitados da fala
Nación
Rebola bola
Xa non podemos calar

Compartir en: