Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"SANSA"

Naraío, Bardaos e San Sadurniño, 2017

4ª Chanfaina'Lab (16). Estrea venres, 25 de maio do 2018
Directora: Cristina de la Torre.
Sinopse: "Este microdocumental é un retrato da vida do rural a traveso dos rituais de poder, amor, fe e amizade que fan que siga existindo, cunha mirada un tanto extravagante e a ratos divertida sobre as cerimonias que nos conectan e constrúen como comunidade."
Duración: 6' 33”
Gravada nos días 2 e 3 de setembro do 2017 nas parroquias de Naraío, Bardaos e San Sadurniño dentro do programa da 4º Chanfaina' Lab.



Cristina de la Torre (1977, A Rúa, Ourense) é licenciada en Historia, con Máster en Medios de Comunicación. Ten traballado en prensa escrita, radio e televisión como xornalista. Dende hai uns anos adícase á consultoría de comunicación e a produción audiovisual. No 2007 dirixiu o seu primeiro documental "Apartado 12", e no 2016 estreou "Santoalla", documental USA do que é produtora. Realiza contidos corporativos e numerosos proxectos audiovisuais en centros educativos por toda Galicia como por exemplo "A lus do Mundo". No 2014 comisariou a exposición "Unha insua para Díaz Castro" para a Deputación de Lugo e no 2017 coordinou o proxecto de memoria histórica na Coruña,"Pantasmas de Oza". Na súa web ou na canle "la mujer forzuda", pode consultarse a súa longa traxectoria creadora en proxectos sociais, culturais e educativos.

A hiperactiva Cristina achegouse a San Sadurniño sen unha idea preconcibida. Confiaba -e con razón- no seu agudo olfacto como xornalista e experimentada documentalista para topar un fío do qué tirar: "Cando cheguei a San Sadurniño non sabía que historia ía contar. Apenas coñecía o lugar ou ás súas xentes, e tampouco son unha narradora especialmente poética ou trascendente. Así que nas primeiras horas na vila fixen o que máis me gusta: mirar, escoitar e conversar. Desa conversa saíu un plan de rodaxe que saltaría do Concello ó campo de fútbol e dalí a unha igrexa. O nexo tíñao claro, as persoas precisamos reunirnos para celebrar cousas, compartindo experiencias, emocións e ideas. E niso, o rural creo que é máis vivo que o mundo urbano, xa que nos pobos todos os rostros teñen nome, dirección, familia e traxectorias que recoñecemos. Así que durante os dous días da Chanfaina Lab fun de templo en templo, colándome como unha espectadora máis, confiando en que a miña intuición xornalística me axudara a colocar o móbil e a gravadora no lugar e momento adecuados. Na montaxe atopei que efectivamente, naqueles oito xigabytes de imaxes conseguira atrapar un anaco da vida de San Sadurniño tal e como o quería contar."

"SANSA" é un documental orixinal e divertido no que Cristina rexistra ata cinco eventos "sociais" da intrahistoria dunha fin de semana en Sansa: unha voda civil, o pleno municipal dos sábados, a misa dominical de Naraío, un partido de fútbol e o xantar d@s cineastas da Chanfainlab en Bardaos. A alteración dos tempos na montaxe e os audios encabalgados nos diferentes eventos, vanlle engadindo sorprendentes significados e lecturas a canto vemos ou escoitamos, mais sempre dende o respecto e agarimo:"Sempre me fascinaron as cerimonias, de calquera tipo, como se puidera miralas coa distancia dun alien, analizando os xestos, a retórica, a disposición, o lugar... E esta peza audiovisual é un exercicio narrativo que trata de que o espectador comparta esa experiencia, a de mirar unha voda, unha misa ou un pleno con certo estupor. A traveso dunha sinxela manipulación na montaxe, penso que "SANSA" pode espertar desconcerto e sorrisos a partes iguais, aínda que cun profundo respecto e cariño polo pobo que nunha fin de semana de setembro foi a miña casa". Así pois, invitámosvos a degustar dun divertido paseo pola fin de semana en Sansa da man retranqueira de Cristina de la Torre. De seguro que vos sorprenderá a creatividade, orixinalidade e frescura narrativa da cineasta valdeorresa, ademais de provocar como mínimo un par de sorrisos, que boa falta fan nos tempos que corren.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón

  • "SANSA"

  • Cristina de la Torre na Chanfainalab

  • Cristina na sesión preparatoria co resto d@s chanfaineir@s

  • Cristina con outr@s chanfaineir@s

  • Cristina de paseo por Sansa con xente de Valdeorras

  • Cristina na foto oficial da IV Chanfainalab

  • Cristina na "Eira de cineastas"

  • Localizando por Naraío

  • Cristina e a súa cámara gravando no campo de fútbol

  • Cristina e a súa cámara

  • Cristina gravando a misa de domingo en Naraío

  • Contrapicado na igrexa de Santa María de Naraío

  • Cristina na misa de Naraío

  • Cristina e o fútbol

  • Cristina de la torre no xantar da chanfainalab en Bardaos

  • A cámara de Cristina no campo de fútbol

  • Cristina de la Torre na estrea mundial da chanfainalab

  • Ata sempre, Cristina

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Bardaos, fútbol , igrexas parroquiais, Naraío, San Sadurniño (parroquia), visitantes, Chanfaina'Lab, vídeos

Autor/a: Cristina de la Torre

Vídeos:
"Apartado 12"
Santoalla (Trailer)
A lus do mundo

Compartir en: