Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Pegadas"

San Sadurniño, 2017

4ª Chanfaina'Lab (20). Estrea venres, 22 de xuño do 2018
Director: Gabriel Tizón
Sinopse: "Ronseis de seres vivos, paisaxes e obxectos do territorio da Chanfainalab a través dos ollos do fotógrafo Gabriel Tizón."
Duración: 6’ 56"
Fotografías tiradas nos días 2 e 3 de setembro do 2017 dentro do programa da 4º Chanfaina' Lab



O grande fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón acumula unha impresionante traxectoria como fotógrafo en múltiples países, contextos e circunstancias. Dende o ano 2000 ten realizado unhas 300 exposicións colectivas e 100 individuais tanto en España como por todo o mundo. A súa obra está presente en coleccións públicas e privadas e acadado premios e recoñecementos en numerosos certames e concursos de fotografía. Nos últimos anos o fotógrafo tamén está a desenvolver proxectos solidarios a través de asociacións como "Causas Común" cun apaixoado compromiso no rexistro do drama migratorio en Africa, Europa e Asia. Gabriel colabora habitualmente co Concello de San Sadurniño en proxectos singulares como "Fútbol que fala" ou "Miradas novas" entre outros.

Como xa fixera noutras edicións da Chanfainalab Gabriel agasallounos coa súa xenerosidade e achegouse á Chanfainalab por terceira vez, disposto a enxergarse no territorio e o traballo d@s cineastas invitad@s: "Desta volta tentei fusionar os personaxes coa paisaxe, unha mestura entre cineastas chanfaineir@s e os espazos e seres vivos que forman parte do entorno dos protagonistas. Todo elo dende o meu punto de vista persoal conformando unha colección de fotografías sinxelas, moi fieis ao meu estilo de traballo, xa que me limitei a aproveitar o que tiña diante e fusionar creadores, animais e paisaxes..."

Así pois, as imaxes de "Pegadas" son un mosaico intencionadamente composto con momentos especiais de grande potencia visual, onde Gabriel aporta a súa moi persoal ahega á Chanfainalab e que imbúe de beleza e significado a dous días de convivencia creativa. Un fermoso colofón á Chanfaina 2017, onde poderemos ver a creador@s, animais, veciños e veciñas enxergados nos espazos de gravación dende os ollos de Gabriel Tizón. Unha peza para deixarse levar polo humanismo e ironía do gran fotógrafo ferrolán e que sintetiza á perfección o espírito da Chanfainabab: un encontro de cineastas que proxectan a súa mirada creativa con liberdade sobre o microcosmos das xentes e o territorio de San Sadurniño.
Ata a Chanfainalab 2018 !

  • "Pegadas"

  • Gabriel Tizón na 4º Chanfainalab

  • Gabriel Tizón c@s chanfaineir@s

  • Gabriel Tizón na foto oficial

  • Gabriel Tizón por San Sadurniño c@s chanfaineir@s

  • Gabriel Tizón no xantar da Chanfaina en Bardaos

  • Gabriel Tizón no xantar da Chanfaina en Lamas

  • Gabriel, Carmen e Oliver

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: animais, cinema, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Gabriel Tizón

Fotógrafo/a: Gabriel Tizón

Compartir en: