Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O "escudo" de San Sadurniño

San Sadurniño, 1990

Tras da moción de censura que levou á alcaldía a Constantino Bedoya e o Partido Popular, o grupo de goberno tenta institucionalizar o escudo heráldico de San Sadurniño. O proxecto de escudo xa fora unha encomenda do anterior alcalde, o socialista Manuel José Lamas ao profesor e investigador Carlos Martínez Barbeito. A proposta deseñada polo historiador coruñés é un escudo heráldico academicista, no que salientan tres elementos da historia de San Sadurniño: o Castelo de Naraío, a Cruz dominica do Mosteiro e o blasón dos Andrade de Pontedeume. Todo elo presidido pola coroa real.

O escudo foi sometido a votación na sesión municipal de finais de maio de 1990. Aprobouse coa oposición rotunda do PSOE, disconforme con varios elementos do escudo e considerando que un asunto identitario como o símbolo do concello, debería ser acadar o consenso de todos os grupos políticos ao marxe de ideoloxías. Segundo opinión do concelleiro Grandal Carballo (PSOE), o escudo non representa á maioría da poboación, senon á clase dominante, esto é, aos señores feudais representados na Casa dos Andrade. Considera ademais que o escudo amósase confesional cando a constitución española é laica.
Finalmente o escudo será refrendado pola Xunta de Galicia dous anos despois.

Dende "Fálame de San Sadurniño" non podemos deixar de expresar a nosa opinión persoal sobre o deseño heráldico. Sin pretender poñer en custión os coñecementos históricos innegabeis do autor do escudo, cabe sen embargo matizar a oportunidade dos símbolos escollidos. Dende o punto de vista histórico, este deseño presenta varios problemas: O señorío de San Sadurniño foi fundado por Fernando de Andrade, neto bastardo e inimigo irreconciliable dos Andrade de Pontedeume e Inés de Castro, tamén inimiga acérrima dos Andrade. Durante toda a súa vida, ambos loitarán contra os Andrade por roubarlle o patrimonio familiar e perseguir implacablemente ao pai de Inés, o líder irmandiño Alonso de Lanzós. Non semella polo tanto moi adecuado propoñer como símbolo do Concello ao maior inimigo da saga familiar que creou o Señorío de San Sadurniño. Todos os historiadores actuais concordan que non teñen nada que ver os Andrade de Pontedeume e os de San Sadurniño
Os Andrade de Pontedume sí eran propietarios de Naraío, mais o Castelo fora fundado por Gonzalo Piñeiro, e roubado impunemente polos cobizosos Andrade.
A respecto da Cruz dominica. Tampouco os dominicos fundaron o Mosteiro, pois chegaron arredor de 1570, mais, xa trescentos anos antes o convento acollera aos templarios, logo a coengos regulares de San Agustín e franciscanos.
Asemade, dende un punto de vista xurisdicional as terras do actual concello de San Sadurniño sempre estiveron baixo dominio señorial -non real- .Quizais fose máis axeitada a coroa marquesal -o que fixo célebre a San Sadurniño do XVII ata o XX- que a coroa real que aparece no deseño. Por outra banda, o título do "Marquesado de San Saturnino" non se debe a ningunha acción heróica do "Señor de San Sadurniño", senón a unha simple operación comercial, porque foi "mercado" - como outros 239 marquesados- para paliar as débedas da moi arruinada facenda da Coroa de Castela en 1688, baixo Carlos II,"o enfeitizado".

  • O "escudo" de San Sadurniño

  • Aprobacion do escudo de San Sadurniño. LVG 21.5.1992

  • Pleno de aprobacion do escudo de San Sadurniño. LVG 25.5.1990

  • Aprobacion do escudo de San Sadurniño coa oposición do PSOE. LVG 30.5.1990

  • Os Andrade de San Sadurniño 13.10.1994

load

Documentos:

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DO CONCELLO, O DÍA 07/11/2009.

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: