Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

O "día a día" da aula Cemit San Sadurniño

O Casal, San Sadurniño, 2014

O 17 de maio do ano 2013 nacía o proxecto "Fálame de San Sadurniño" para conmemorar o día das Letras Galegas e tamén o día de Internet, conxugando na mesma actividade a defensa da lingua galega e o emprego das TIC. Non perdas esta reportaxe emitida o 13 de abril do 2014, onde se recolle a actividade cotián da Aula Cemit de San Sadurniño e o proxecto "Fálame de San Sadurniño" ademais de Tempos para compartir. O vídeo forma parte do capítulo 39 da serie documental da TVG "Cos pés na terra", producida por producións A Fonsagrada e realizada por Diego Guerrero. Nese mesmo ano o programa de Televisión de Galicia "Somos ben curiosos" aporta mais información sobre esta actividade

  • O "día a día" da aula Cemit San Sadurniño

  • Os equipos de "Falame de San Sadurniño" e "Cos pés na terra"

  • "Naceu unha estrela"...

  • Na preparación da clase de Internet...

  • Portada do programa "Cos pés na terra"

  • No curso de Internet en Naraío

load

Documentos:

Debullando no devalar de Sansa. "A fondo" abril 2015

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Internet, vídeos, San Sadurniño (parroquia), Naraío, xente, tecnoloxía

Autor/a: Fálame

Compartir en: