Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

O derradeiro Traba

San Sadurniño, 1261

En 1261 morre o último representante da vella estirpe dos Traba-Froilaz, Rodrigo Gómez, o derradeiro gran señor de Trasancos, bisneto de Pedro Froilaz. A súa morte representa a fin dunha época. Ao non ter fillos, o título pasa a a súa irmá Sancha Gomez, casada có nobre castelán, Gonzalo Pérez, Señor de Molina, pérdéndose a dinastía familiar que enseñoreu en Transancos dende tempos inmemoriais.
O estilo da vella nobreza esmorece definitivamente coa súa morte e deixa as terras de San Sadurniño orfas dun gran Señor, mais inzadas de cobizosos fidalgos e pequenos cabaleiros colocados a dedo por Rodrigo Gómez “como tenentes, comendeiros e prestameiros que protexen as terras dos Coutos dos mosteiros”, a costa das rendas do traballo dos labregos. Moitos destes nobres foran cabaleiros da casa Traba ou descendían de ramas secundarias e bastardas da familia Froilaz.
Chega pois un tempo novo, o dos segundóns “encomendeiros” que cobizaban o patrimonio dos vellos Traba-Froilaz. Un prestameiro é un cabaleiro que “en nome do Rei ou gran Señor tiña o goberno dalgunha parte da terra”. Esta nobreza adventicia e ruín irase apoderando paseniñamente das terras e labregos dos Coutos do Pedroso, Xuvia e San Sadurniño mediante o sistema do “aforamento perpetuo”: un grupo de pequenos fidalgos e nobres “de segunda” aforan as terras dos mosteiros a cambio de cantidades ou rendas simbólicas aos priores "comendatarios" – que pertencen ás mesmas familias aforadoras- . A súa vez, os nobres "encomendeiros" controlarán as rendas e as vidas dos labregos, que eran os que verdadeiramente deixaban o lombo sachando na terra para a nobreza e a igrexa. E si todo isto falla, aínda queda o recurso á forza e o asoballamento de servos e mosteiros por medios violentos ou a loita armada cos cabaleiros rivais polo control das encomendas que sempre foron motivo de discordia. Esta situación social e o nepotismo practicado polos priores levarán á ruína económica aos mosteiros do Pedroso e Xuvia a medio prazo.
Baixo deste clima de violencia foi agromando durante os séculos XIV e XV o poder económico e social de novas “familias de alcume” vencelladas a unha base territorial acadada mediante o abuso de poder e que conformarán as futuras liñaxes hexemónicas de Ferrolterra: Os Esquío (encomendeiros en Naraio), os Mandiá (encomendeiros en Narón), os Lago, (escudeiros), os Pita da Veiga, os Freire de Andrade (encomendeiro en Caaveiro), os Piñeiro de Naraío, os Freire de Lanzós (encomendeiro en San Martiño de Xubia e antecesor do señorío de San Sadurniño)...etc. Algún deles, como os Andrade, deixarán un ronsel sombrío nos séculos vindeiros nas terras do actual San Sadurniño.
En palabras de Villaamil y Castro: “Os habitantes deste tempo pasan as horas iluminados polo sinistro resplandor de incendios criminais, escoitando os lastimeiros laios de conveciños feroz e horriblemente mutilados e agardando que veña a arrebatarlle a súa cativa facenda o inquedo cabaleiro, o cobizoso prestameiro, ou o prevaricador encomendeiro” (Grial, nº 33, pax 302). Na ilustración, as liñaxes que agroman neste tempo polas terras de Trasancos.

  • O derradeiro Traba

  • Escudo de armas dos Traba-Froilaz

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Naraío, Pedroso, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño

Compartir en: