Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Natividad Quindós, Duquesa de la Conquista

París, 1893

O 18 de marzo de 1893 falecía en Paris o tío materno de Natividad Quindós, Luis de Villaroel y Goicolea. Era un excéntrico aristócrata que posuía os títulos nobiliarios de Duque de la Conquista, Marqués de Gracia Real y de Palacios, Grande de España de primeira clase, Cabaleiro con Gran Cruz da Orde de Carlos IIII e Gentilhombre de cámara da súa Maxestade.
D. Luis era solteiro e residía dende facía moitos anos na capital francesa frecuentando os ambientes máis selectos da aristocracia francesa e española. A súa sobriña Natividad Quindós atendeuno nos seus derradeiros días ata o seu enterro no cemiterio de Père Lachaise e será quen herede todos os seus títulos, de feito que a IX Vizcondesa de la Frontera agora tamén será a III Duquesa de la Conquista, V Marquesa de Gracia Real de Ledesma e XIV Marquesa de los Palacios, ademais de Condesa consorte de Cumbres Altas. Dise xeito pasou a ser unha das máis relevantes aristócratas españolas. Ao ano seguinte, en 1894, a Raíña María Cristina nomeona "Dama de la Reina" e cinco anos despois, en 1889, "Dama al servicio particular de la Reina". Tras da morte do seu pai en 1900 acadará o título de VII Marquesa de San Sadurniño.
A finais de xullo dese ano, familia do Marqués visitarán as súas posesións en San Sadurniño

  • Natividad Quindós, Duquesa de la Conquista

  • Morte do Duque da Conquista (La época, 19-3-1893)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: outros lugares, Señores de San Sadurniño

Compartir en: