Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Narahío"

San Sadurniño, 2017

4ª Chanfaina Lab (10). Estrea venres 13 de abril do 2018.
Director: Ángel Rueda.
Imaxe e son: Ángel Rueda
Coa colaboración de Ana Domínguez
Música: Rameses III, ”Crepuscule”, Amelita Galli Curci.
Sinopse: "A memoria habita. Nas paisaxes de San Sadurniño resoa o eco dos que os habitaron"
Duración: 13' 04''
Gravada en varias parroquias de San Sadurniño, dentro do programa da 4ª Chanfainalab.



Ángel Rueda (León, 1971) é investigador, programador e cineasta. Pola súa traxectoria poderíamos afirmar que ten celuloide na sangue. No 2003 funda o colectivo Lili Films, unha especie de filmoteca adicada á procura, recuperación e análise de arquivos cinematográficos. Durante este tempo desenvolve máis dunha vintena de obras con metraxe encontrada (found footage), nas que explora a re-montaxe ou o cine perfomativo, como "Bendita calle" (2005), rodada integramente en Super 8 e cámara en mano seguindo o ideario de Vertov; "El cielo del Super 8" (2007) onde comparte a experiencia de rescate de películas familiares ou "50 años en el Andamio" (2008), longametraxe que recupera unha peza sobranceira do cine amateur en Galicia, "El andamio" (Rogelio Amigo,1958). Como programador e comisario ten desenvolvido proxectos para MUSAC, La Casa Encendida, CGAI, Filmoteca de Cantabria, Gaiás, MAC, Fundación Luis Seoane entre outros. Ademais, foi xurado internacional en numerosos festivais internacionais de cine, Ficx (Gijón), Márgenes (Madrid), Curtas PT (Vila Do Conde), Curta 8 (Brasil), Fcdep (París), Fronteira (Brasil), Lima Independiente (Perú) ou Mar del Plata (Argentina).
É o fundador e director do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico de A Coruña, un concepto de festival xa de referencia internacional no ámbito da vangarda, o cine experimental, o cine performativo e os formatos analóxicos

Ángel Rueda xa participara na 2º Chanfainalab como colaborador da cineasta Ana Domínguez na produción de "Brío". Xogaba pois con certa vantaxe porque xa tiña algunha idea das características paisaxísticas e humanas do noso territorio. Por outra banda, a traxectoria como cineasta experimental e a súa paixón polos materiais de arquivo levárono case inevitablemente cara o fondo de armario de "Fálame de San Sadurniño": "A invitación para realizar unha peza dentro do 4º encontro de cineastas " Chanfaina Lab" pareceume unha magnífica oportunidade para poñer en valor ese magnífico traballo de investigación, documentación e memoria que se está realizando desde o Concello de San Sadurniño co proxecto " Fálame de San Sadurniño", dirixido por Carmen Suárez e que hoxe en día é un referente, recoñecido internacionalmente con diferentes galardóns."

"Narahío" proxectouse como unha performance visual combinando imaxes dixitais con tomas feitas en soporte cinematográfico e proxectadas na mesma pantalla. Na proxección da estrea, combinábanse imaxes actuais con imaxes e sons analóxicos do arquivo de "Fálame", conformando un díptico novidoso no que se establecían relacións dialécticas entre o presente e o pasado, as texturas fotoquímicas e dixitais, un fresco estimulante, experimental e moi traballado que procura reflectir a esencia do que fomos e somos no devalar do tempo. Malia que o título alude a unha das parroquias do Concello, o protagonismo é de todas elas, posto que fotografías e e filmacións pertencen a distintas épocas e lugares do territorio.Así o explica o seu director: "Propúxenme mergullarme no arquivo, sobre todo nas fotos faladas e así sobrevoar a memoria recuperada, para crear un collage onde os testemuños e as fotografías fosen protagonistas dun espazo imaxinado, Narahío, que toma o nome dunha das parroquias de San Sadurniño pero que se expande pola paisaxe e vai máis aló dos seus límites xeográficos e territoriais cara unha memoria que transita do particular ao colectivo. Con estes elementos quixen construír un relato onde o arquivo convértese en personaxe vivo que aínda resoa nos espazos habitados para ir máis aló do recordo ou a memoria e xerar un novo diálogo entre a imaxe e o rexistro falado, entre o visto e o oído". Para @s que colaboramos en "Falame" é un orgullo e un honor que un cineasta traballe con eses anacos vivos de espazo e tempo, espallados polas 1.000 historias publicadas. Grazas, Ángel por agarimarnos no corazón.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Narahío"

  • Angel Rueda

  • Angel e Ana na sesión preparatoria

  • Angel na sesión preparatoria

  • Angel e demais cineastas da Chanfainalab

  • Angel e Ana na 4ª chanfainalab

  • Angel e Ana na foto oficial da 4º chanfainalab

  • Angel na "Eira de cineastas"

  • filmando "Narahio"

  • Imaxe de "Narahío" (1)

  • Ana e Angel filmakers

  • Angel no Forgoselo

  • Forgoselo en "Narahio"

  • Angel e o cabrito ao espeto de Bardaos

  • Imaxe de "Narahío" (2)

  • Imaxe de "Narahío" (3)

  • Angel na cámara en "Narahio"

  • Imaxe de "Narahío" (4)

  • Imaxe de "Narahío" (5)

  • Angel e a súa cámara de cine

  • Angel e Ana na 4ª no xantar de Bardaos

  • Ana e Angel na premiere da Chanfainalab

  • Angel Rueda presentando "Narahio"

load

Comentarios

Máis imaxes

Última imaxe

Temas: cinema, Naraío, naturezas, San Sadurniño (Concello), vídeos, visitantes, xente, Chanfaina'Lab

Autor/a: Angel Rueda

Vídeos:
El cielo del Súper 8 (fragmento)

Compartir en: