Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

"Mbemba en Sansa"

Outeiro, 2019

6ª Chanfaina'Lab (7). Estrea sábado, 21 de marzo do 2020
Realización: Luís Avilés
Colaboración: Mbemba Thiam
Sinopse: “Mbemba Saltou o valado en Ceuta, agora vive en San Sadurniño”
Duración: 7' 41”
Gravado en de San Sadurniño durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Luís Avilés (Colombia-Noia 1969). Veciño de Noia dende neno cando o seu pai retornou a Galicia. Estudou dirección e montaxe no CECC (Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña). Luís é un profesional moi polivalente, como director, operador e montador de vídeos musicais e numerosos traballos institucionais e industriais; é capaz de dirixir programas de televisión de gran audiencia como "Criaturas" ou "Casamos", como de guionizar e realizar curtas moi persoais como “A subela” (2003) elixido pola Xunta de Galicia para difundir o audiovisual galego e presentado nun cento de festivais ou “Unary”, galardoada co Mestre Mateo á mellor curtametraxe no 2015. Asemade é o director de varios longametraxes como a ficción “Retornos” (2010), seleccionada nos festivais de Montreal, Valladolid, São Paulo e gañadora de dous premios do audiovisual galego (Mestre Mateo) e os documentais “Os días afogados”, Mestre Mateo ó mellor documental 2016 e “Idénticas”, Mestre Mateo ó mellor documental 2019. Con tantos premios ás costas, a Academia Galega do Audiovisual, encargoulle a Dirección da Gala dos Mestre Mateo do 2020. Actualmente traballa no proxecto educativo Ollo Activo , para impulsar a creación audiovisual na mocidade do Barbanza.

Luís achegouse a San Sadurniño cunha idea difusa que lle roldaba na cabeza, facer unha peza coa rapazada; comezou axudando a outras cineastas chanfaineiras como "Apuntamentos para un filme sobre Cantareliña" de María Yañez e "Casa Torina" de Ana Moreiras, ata que topou co fío narrativo do que tirar: "Despois pensei que podería facer algo cos comerciantes, tendeiros e xente común, algo loxicamente improvisado e con factor humano, que é o que máis me interesa. Esa ia ser por fin a idea, xa estaba preparado para saír o sábado á caza de xente, incluso quedara xa cunha sobriña de Cruz que traballa nun supermercado. Pola noite, Ana Moreiras enleoume -eu deixeime- e saímos tomar algo no Dzine , alí coincidimos con Iván Sanjurjo , e dicir, "San Sadurniño conection". El contoume a historia de Mbemba, aí topei co meu tema ...."

En "Mbemba en Sansa" o humanismo de Luís Avilés síntese cómodo. O protagonismo corre integro por conta do novo veciño de Sansa e todos os recursos están ao servizo da súa historia: "As veces pensamos que hai realidades paralelas, mais só hai unha; Mbemba pasouno mal e partiu dun entorno difícil, pero agora vive feliz en San Sadurniño. Para os realizadores ou polo menos para min, esta foi unha gran experiencia que permitiu vincularme cunha experiencia humana dun xeito moi especial; que fai que te mergulles nun sitio que non coñeces e que te mergulles en ti mesmo á vez." Con esta peza sinxela e auténtica, Luís Avilés ábrenos un camiño de tolerancia, o coñecemento do "outro", a peripecia vital dun inmigrante africano que hoxe é un veciño máis no noso concello.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Mbemba en Sansa"

  • Luis Avilés

  • Luis Avilés no acto inaugural

  • Luis Avilés na prantación do castiñeiro da 6ª Chafainalab

  • Luis Avilés na prantación da 6ª Chafainalab

  • Luis c@s partipantes da 6º chanfaina

  • Luis e @s cineastas da 6º chanfainalab

  • Luis Avilés na "Eira de cineastas"

  • Luis na foto oficial da Chanfainalab

  • Luis escollendo plano

  • Mbemba e Luis Avilés

  • Luis Avilés e a súa cámara

  • Luis recén chegado de Noia

  • Luis recollendo a Lola chanfaineira

  • Na estrea mundial de "Mbemba en Sansa"

  • Cineastas da 6º edición

  • Coas súas compis

  • Luis Avilés en Sansa (e Cesar Galdo)

  • Luís no fotocall

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: emigración, vídeos, visitantes, xente, Chanfaina'Lab

Autor/a: Luís Avilés

Vídeos:
Unary
A subela
Os días afogados (trailer)
Retornos (trailer)
Idénticas (trailer)

Compartir en: