Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

Mathias Wirz en San Sadurniño

San Sadurniño, 1911

Descoñecemos a data exacta da chegada do enxeñeiro suízo Mathias Wirz Jenny a San Sadurniño. Nacera en 1885 en Basilea (Suíza), onde se formou coma mecánico especializado na instalación de sistemas de calefacción. Arredor de 1906 trasladouse a Madrid para instalar a calefacción do Senado Español e probablemente foi entón cando entrou en contacto cós marqueses de San Sadurniño, pola condición de senador de Francisco de Asis Arias-Dávila-Matheu, o marqués consorte.
En calquera caso, sabemos que, con 22 anos, o mozo Mathias Wirz ingresara na masonería española -concretamente na Logia Ibérica nº 7-, arredor de 1907, figurando como "iniciado" ata 1910. Calculamos que chegou a San Sadurniño arredor dese mesmo ano (1910), para facer obras no Pazo e no 1919 inaugurou a luz eléctrica mediante a construción dunha pequena central eléctrica no río Xuvia e dotar así de electricidade exclusiva ao Pazo dos Marqueses.
A poderosa influenza dos Marqueses conseguirá que varias familias "relevantes" galegas encarguen obras e instalacións a Matías Wirz, polo que toma a decisión de asentarse profesionalmente en Coruña. Desenvolverá importantes cometidos técnicos no edificio do Banco Pastor en Coruña ou no Gran Hotel da Toxa entre outros moitos.
De feito, a súa muller, Martha Wirz Vee Rielmann, chega en setembro de 1912 para vivir co seu marido en Coruña. Neses anos Matías Wirz seguía a seren o "enxeñeiro " dos marqueses. Ante calquera obra ou problema, a marquesa sempre dicía o mesmo: "Que venga Matías y diga lo que hay que hacer". O matrimonio tiña dúas fillas, Carmen (Madrid 1911-Coruña 1972) e Margarita, nacida o 3 de xaneiro de 1918. Mais o 21 de setembro de 1919, Martha Wirz faleceu por "fiebre puerperal" en San Sadurniño aos 38 anos e soterrada no cemiterio municipal - en tempos do alcalde José Salgado - despois dunha certa polémica pola súa condición de protestante
O viúvo Matías Wirz con dúas nenas pequenas ao seu cargo, casouse deseguida con Carmen Fernández Vázquez, unha rapaza nova que vivía baixo da protección do rico comerciante Pelayo Casal, alcalde de San Sadurniño en 1912 e 1936. O matrimonio vivirá en Coruña, onde Matías desenvolverá a súa traxectoria profesional como enxeñeiro e técnico en numerosas obras por toda Galicia. Mais non faltaba nunca á cita con San Sadurniño todos os veráns na súa casa no Campo da feira. Carmen falece en abril de 1955 e Matías en San Sadurniño o 10 de xuño de 1968. No cemiterio municipal está o singular panteón familiar dos Wirz baixo da inscrición en alemán: "Hier ruht in gott".
Agradecemos a información facilitada por Margarita Wirz Rielmann e Ramón Díaz Raña.

  • Mathias Wirz en San Sadurniño

  • Chegada a Galicia de Marta Wirz en 1912

  • Necrolóxica de Marta Wirz en 1919

  • Necrolóxica nos xornais de Marta Wirz

  • Casa de Matías Wirz en San Sadurniño

  • Matías Wirz e a súa filla Carme bailando nas Festas do Belén arredor de 1960

  • Tumba da familia Wirz no camposanto de San Sadurniño

load

Documentos:

Matias Wirz e a masonería

Comentarios

Ramón Díaz Raña

2014-09-30 20:57:22

Resúltame curioso o relato sobre Matías Wirz porque estando eu de párroco de San Sadurniño entregueille a Margarita un escrito firmado polo seu pai no que renunciaba á masonería. Ese documento estaba no arquivo parroquial. Paréceme foi extraño que ela non faga referencia a este dato tan importante.

Fálame de San Sadurniño

2014-09-30 23:17:45

Moitas grazas pola súa aportación. É unha honra que o creador do "Pumariño" comente as publicacións de "Fálame". Respecto a Matias Wirz, non coñecíamos a data da súa renuncia á masonería, mais sabíamos que Matias Wirz participara na creación da loxia de Coruña, "A Gallaecia" en 1919 -reconvertida en "Suevia" e que durará ata 1933. Loxia á que por certo pertenecia o político coruñés Casares Quiroga. A partires desa data debeu abandonar a masonería, porque o 20/10/1941 aparece denunciando ao Presidente do goberno (1936), Santiago Casares Quiroga na causa que se lle abre a ditadura franquista "por masón" (Arquivo Histórico Nacional-Sección Masonería Ex 7A). Respeto a Margarita,pois que xa ten 96 anos, e ainda que está moi ben de saude física e mental, non sempre pode estar un a todo. Comentou que tiña que buscar fotografías e "cousas" por casa e xa nos avisaría. Se tivera vostede unha copia do documento agradeceríamoslle que nolo enviara. E por favor siga comentando o que lle pareza en Fálame de San Sadurniño. Esta é a súa casa e para nós é unha honra que nos frecuente.

Máis imaxes

Temas: máquinas, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (Concello), San Sadurniño (parroquia), tecnoloxía, visitantes

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: