Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Juan Casal Fernández, alcalde

San Sadurniño, 1883

Alcalde de San Sadurniño (1883-1884)
O 1 de xullo de 1883 o gobernador Civil nomea un novo alcalde, Juan Casal Fernández substituíndo a Manuel Couce Díaz. Os concelleiros son: Vicente Castro Castro, 1º tte alcalde (Ferreira); José Castro Fernández 2º tte alcalde; José María Rey Fernández, síndico; Juan García Varela; Pedro Pouso López (SS); Antonio Couce (Monte); Antonio Ferreiro; Antonio Meizoso; Antonio Martínez Hermida, interventor; Benito García; Manuel Ferreiro; Manuel Blanco. As xuntanzas do pleno serán os domingos as 8 da maña.
Pedáneos: José López Pouso (SS); Juan Romero (Ferreira); Francisco Rivera (Lamas); José Fernández (Monte); Marcos Canosa (Bardaos); Manuel Méndez (Naraío); Antonio Hermida (Igrexafeita). As obrigas dos pedáneos consisten en acudir ao Concello os sábados ás 14'00 horas para recoller os boletíns, bandos, ordes e circulares que teñan que pregoar e publicalos nas súas respectivas parroquias ás saídas das misas parroquiais. O depositario de fondos municipais será o comerciante de Agra, Andrés López Pouso.

Esta é unha lexislatura anodina con moitos asuntos de trámite, de reemprazos e quintas, Xuntas Locais de sanidade e ensino, reparación de camiños veciñais con capataces parroquiais; apremios administrativos para veciños morosos no pago das contribucións. Mais en xeral as actas municipais destes anos non levan sinaturas e aparecen moi descoidadas. Mesmo en varias ocasións, o alcalde terá chamar á orde pola inasistencia ao plenos. Tamén o alcalde falta varios meses,-case todo o ano 1884- sendo substituído polo primeiro tenente Vicente Castro “por ausencia del propietario”. Produce unha sensación de descontrol e abandono por mor da ineficacia da secretaría. En agosto de 1884 Antonio López solicita a dimisión da secretaria municipal por serlle concedida unha praza no Concello de Ferrol. O pleno dálle un permiso de tres meses para que organice a documentación administrativa, sendo substituído por Antonio Martínez Hermida. Mais en decembro de 1884 volve a pedir a praza na que traballa dende 1868 "por no haber sido posible el trabajo en Ferrol"..
Coma sempre, as queixas da alcaldía xiran en torno aos repartimentos que ten que abonar o Concello á Administración provincial. O alcalde envía unha carta ao Ministro de Gobernación cuestionando o sistema fiscal e a súa aplicación en San Sadurniño, no que suliña que o déficit municipal. –despois de pagar a cárcere de partido e as obrigas provinciais - é de 7.293 pesetas. Os ingresos (territorial, subsidios,consumos e células persoais), despois de esgotar os recursos ordinarios que autorizan as leis e disposicións vixentes chegan a a 11.811 pesetas “cantidad que absorbe en su totalidad la dedicada a instrucción primaria, cárcel del partido y el pago del municipio a la provincia, dándose el triste caso de que este Ayuntamiento se queda absolutamente sin medios de carácter ordinario para sufragar sus más sagradas y perentorias obligaciones. No hay verdadera equidad en la distribución de los impuestos”. O pleno pide subir os impostos de consumos a un 7% para poder pagar a débeda municipal. Como sempre, as diferentes corporacións do século XIX inténtan que os pobres paguen o descontrol das contas públicas.

Outra anécdota reveladora da corrupción destes tempos será a denuncia que se efectúa contra do médico municipal contratado dende 1878 Manuel Constenla "al que se le pagan 1.000 ptas anuales, pero está en Corcubión, no cumpliendo con sus obligaciones de atender a los pobres del distrito". Pero o pleno municipal xustifica a súa ausencia baseándose en que "lo substituye el cirujano-practicante Serafín Alende y se les paga la miseria de 500 ptas para atender a los pobres". Meses despois o médico e practicante solicitarán compatibilizar o seu posto no concello de As Somozas, petición á que tamén accederá o Concello acordando "darles permiso de atender en Somozas en vista de que que tienen que progresar y procurarse medios para atender a su subsistencia". Esto sucede precisamente nos anos da epidemia de cólera morbo que asolou España e nun concello cunha elevada tasa de mortalidade infantil. Teranse que adoptar medidas para evitar a súa aparición en xullo de 1884. Outra gran desgraza deste ano será o terremoto de Andalucía. Farase unha colecta por todas as parroquias para socorrer aos afectados.
E tamén é un ano de loito para o Marquesado, porque morre en Madrid o herdeiro do Marqués de San Sadurniño, e seu único fillo varón, Fernando de Quindós. O título do marquesado pasará automáticamente a súa filla María Natividad Quindós, nacida en 1861 e que conta con 23 anos.
O bastón da alcaldía vai parar a Tomás Rico Martínez, alcalde que ao fin traerá certa estabilidade e sosego á xestión municipal durante case dez anos consecutivos.

  • Juan Casal Fernández, alcalde

  • Sinaturas do equipo de goberno de Juan Casal

  • Orzamento municipal 1884-1885

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), Alcaldes de San Sadurniño, xente

Compartir en: