Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Ignacio Martínez Anca, párroco de Santa Mariña

Moimentos, Santa Mariña do Monte, 1929

Manuela Rodríguez fálanos das historias que escoitara de nena sobre Ignacio Martínez Anca, párroco de Santa Mariña do Monte entre os anos 1903 -1935, substituíndo a Gumersindo Ramil. Deste cura contábanse moitas cousas: non deixaba que o raposo comera as galiñas, quitáballe o gurgullo ó trigo, eliminaba os malos espíritus e predecía que non tardaría en haber unha guerra na que loitarían pais e fillos... Faleceu en Santa Mariña no Nadal de 1936. Meses antes sufrira un roubo na casa reitoral e xa tivera outro asalto en 1930. Un "anxo do ceo" enviounos o seu curioso testamento outorgado en agosto de 1920.
A revista "Pumariño" facía no número de marzo de 1980, unha breve reseña sobre este peculiar persoeiro: "Si miramos para Don Ignacio temos que dicir que hoxe non temos curas nin temos nada".

  • Ignacio Martínez Anca, párroco de Santa Mariña

  • O párroco de Santa Mariña do Monte, Ignacio Martínez

  • Alusión ao cura D. Ignacio, publicado no Pumariño (marzo 1980)

  • Casa Cavada en Santa Mariña

  • Casa Cavada foi un lugar relevante na historia de Santa Mariña

  • Manuela Rodríguez quitando fotos á Casa Cavada

  • Testamento de Don Ignacio 1

  • Testamento de Don Ignacio 2

  • Roubo na casa reitoral de Santa Mariña (Pueblo Gallego, 7-2-1936)

  • Asalto á casa de Don Ignacio (La voz de Galicia 28/2/1930)

  • Roubo na casa de Don Ignacio 07.02.36. La Voz de Galicia

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Santa Mariña do Monte, xente, labregos e labregas

Autor/a: Manuela Rodríguez Mauriz

Compartir en: