Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"A ponte da Marquesa"

O Casal, San Sadurniño, 1927

Á tardiña do chuvioso venres 23 de setembro de 1927, os reis Alfonso XIII e Victoria Eugenia -de visita oficial a Galicia- achegáronse a San Sadurniño para tomar o té con Natividad Quindós, Marquesa de San Sadurniño. As beirarrúas están profusamente engalanadas, ainda que deslucidas pola incesante choiva e as xentes das aldeas, ataviadas cos traxes de domingo baixo dos paraugas, agardan pola chegada dos monarcas. Hai aires de "festa vixiada" naqueles tempos da Ditadura de Primo de Rivera. Tíranse bombas de palenque e soan músicas de gaitas e pandeiros, mais tamén xogos e voces de cativos. Nenos e nenas acudiron dende todas as parroquias ata o Pazo da marquesa para ver de preto aos Reis de España.
Unha desas nenas que chegara a pé dende Ferreira aquil día, foi Cándida García Castro, avoa da poetisa Dores Tembrás, voz nomeadamente singular da lírica galega contemporánea. Dores Tembrás evoca a decepcionante chegada do Rei no poema "a ponte da marquesa", a partires das vivencias que lle transmitiu a súa avoa:
"O poema que recito recolle a anécdota dunha das visitas do Rei Alfonso XIII á marquesa de San Sadurniño, cando a miña avoa Cándida García Castro era ben cativa e chamaron aos pequenos das escolas para ir recibir ao monarca. Pero tódalas historias teñen unha cara e unha cruz. Hai pouco, por un San Cristovo, contáronme a historia doutro cativo, compañeiro da escola da miña avoa e madriña Cándida, que botou o día chorando porque os seus pais, de tanto que chovía non o deixaron ir ese día á escola. O rapaz botou o día rabeando porque non podería ver ao Rei".

Podes descargar un texto escrito por Dores Tembrás sobre do ronsel das terras e xentes de San Sadurniño na súa memoria poética, segundo o poemario "O pouso do fume", finalista nos Premios da AELG 2010 na categoría de mellor libro de poesía en lingua galega.

  • "A ponte da Marquesa"

  • Dores Tembrás

  • Poemario "O pouso do fume"

load

Documentos:

San Sadurniño e "O pouso do fume"

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Pazo da Marquesa, nenos e nenas, Ferreira, xente, escola, San Sadurniño (Concello), creador@s, poesía

Autor/a: Dores Tembrás

Compartir en: