Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

xentes

Historias de vida de familias , homes e mulleres das parroquias de San Sadurniño: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraio, San Sadurniño, Santa Mariña do Monte así como doutros concellos veciños, algúns moi preto como Moeche, A Capela, Neda, Valdoviño, As Pontes, Narón, As Somozas ou Ferrol; mais tamén hai fotos en Santiago, Ourense, Argentina ou Asturias.

Hilario Fernández López, alcalde

Agra de abaixo, San Sadurniño, 1861

Alcalde de San Sadurniño 1861-1862
Hilario Fernández nacera arredor de 1813 na parroquia de San Sadurniño, fillo de José Fernández e María López. Casou con Josefa Felgar coa que terá dous fillos: Manuel (emigrado en Montevideo) e Catalina, casada co comerciante local Juan López Pouso. Substitúe a Justo Álvarez Sierra - do que era o seu primeiro tenente de alcalde- á fronte da alcaldía en xaneiro de 1861.
A corporación está composta por: Marcos González, 1º tte alcalde; Lorenzo Canosa (Bardaos); Juan Castro (Ferreira); Juan López (Igrexafeita); Francisco Bastida Alvariño (1821-1905), fillo do primeiro alcalde ( SS); José López, Jose Gregorio Beceiro (Monte); Pelayo Grandal (Ferreira); Gregorio Rey Rodríguez (Lamas), José Cibreiro Fernández (Monte); Juan Soto Síndico (Igrexafeita); Pascual Durán (Naraío) e Nicolás Fernández. Os pedáneos son Pedro Pouso López (San Saduniño); Antonio López López (Monte); Andrés García López (Lamas); José Couce Fernández (Ferreira); Vicente García Lago (Naraio); Antonio Rico (Bardaos). O depositario de fondos municipais é o anterior alcalde, Justo Álvarez Sierra.

A corporación debeu ser absolutamente continuista co acontecido no cuatrienio anterior, xa que pouco sabemos destes dous anos, basicamente porque non se conservan no Arquivo Municipal as actas deste bienio, agás algunhos documentos soltos sen sinaturas do ano 1862, polo que podemos deducir que pouco debeuse facer no seu tempo como alcalde. De feito, Hilario Fernández desaparece ao rematar a lexislatura e non volve a figurar en ningún cargo ou responsabilidade como ven sendo habitual nesta etapa, na que os nomes repítensense unha e outra vez ao longo do tempo.Será substituído en xaneiro de 1863 polo incombustible administrador do Marqués Justo Álvarez Sierra no seu cuarto mandato (1863-1864).
Será neste bienio,o 19 de agosto de 1861, cando nacerá no seu suntuoso pazo de Madrid Natividad Quindós, a futura marquesa de San Sadurniño e que será figura senlleira da historia de San Sadurniño.
Hilario Fernández falece en San Sadurniño o 20 de abril de 1888 aos 75 anos dun catarro pulmonar crónico.

  • Hilario Fernández López, alcalde

  • Sinaturas corporación Hilario Fernández

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Alcaldes de San Sadurniño, San Sadurniño (Concello), xente

Compartir en: