Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Fundación do Señorío de San Sadurniño por Fernando de Andrade

San Sadurniño, 1526

Tras da aprobación real en 1515, ao fin, o 17 de maio de 1526 os primeiros señores de San Sadurniño, Fernando de Andrade, (neto -por vía bastarda- de Nuño Freire de Andrade) e Inés de Castro e Lanzós, filla do caudillo irmandiño, Alonso de Lanzós, fundan o morgado da Casa de San Sadurniño na persoa do seu fillo, Juan Freire de Andrade, para garantir a continuidade da casa nobiliaria Andrade-Lanzós. O día da firma deste documento Fernando de Andrade ten problemas de vista (cataratas?).
En moi poucos anos iniciarán un metéorico crecemento ata convertérense nunha das familias mais sobranceiras de Ferrolterra, nomeadamente cando o II Señor de San Sadurniño, Juan Freire de Andrade e Lanzós merque o Couto do Pedroso en 1544.
Podes comprobar o seu meteórico ascenso neste estudo sobre a xenealoxía dos seus descendentes durante o Antigo Réxime. Escrito polo historiador Carlos Breixo Rodriguez e publicado en "Catedra, revista eumesa de estudos" nª 13 (2006). Descarga o documento co texto íntegro. Fotografia: Sartego de Inés de Castro e Lanzós na Igrexa do Convento do Rosario

  • Fundación do Señorío de San Sadurniño por Fernando de Andrade

  • Sartego de Juan Freyre de Andrade e Lanzós, II Señor de San Sadurniño

  • Escudo Andrade-Castro

  • Escudo dos Lanzós-Castro

load

Documentos:

Fundación do morgado de San Sadurniño. Carlos Breixo

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, patrimonios, Pazo da Marquesa, San Sadurniño (parroquia), Santa Mariña do Monte, San Sadurniño (Concello), Señores de San Sadurniño

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: