Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Fin dos templarios

San Sadurniño, 1312

O decreto de extinción da Orde templaria en 1312 pon fin a presenza da orde en San Sadurniño. De feito sábese que dous anos antes, en 1310, o "Comendador da Valiía de San Sadornino", Frey Diego, asiste a un interrogatorio en Medina del Campo e que no ano da disolución da Orde participa como testemuña nun litixio do mosteiro do Pedroso. As terras da bailía -unha especie de provincia templaria- de Faro (A Coruña), á que perteñecia San Sadurniño, pasarán a seren propiedade dos reis de Castela. Ainda non está moi claro qué pasou nos anos sucesivos. O mais probable é que moitas das posesións templarias acabaron nas mans de familias da pequena nobreza encomendeira.Unha delas serán os antepasados de Alonso de Lanzos, futuro lider da segunda Guerra Irmandiña e outra os Andrade. Ambas sagas familiares enfrontaranse no século XV nas revoltas irmandiñas.
Sobre das ruinas templarias da igrexa románica de Santa Olalla, levantarase, douscentos anos mais tarde, a comezos do século XVI o convento do Rosario.
Toda a información sobor dos templarios en San Sadurniño podes consultala no documento adxunto: "Dúas encomendas templarias galegas descoñecidas" escrito polo historiador Carlos Pereira Martínez e pubricado no Anuario Brigantino nº 23 (2000). Na fotografía, capiteis de simboloxía templaria na Igrexa de San Sadurniño

  • Fin dos templarios

  • Máis capiteis do século XII na Igrexa de San Sadurniño

load

Documentos:

Templarios en San Sadurniño
O que queda da igrexa románica de San Sadurniño por Margarita Sanchez

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, igrexas parroquiais, patrimonios, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: