Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

natureza

San Sadurniño é un paraíso natural. Os miradoiros naturais da Serra de Forgoselo, brava área natural protexida pola Rede Natura 2000; A pena do Rei Mouro, un dos meirandes conglomerados de seixo de Galicia; O Coto Agudo cun absoluto control visual de toda a contorna; o Pico San Vicente, onde se mesturan lenda e historia; os paseos fluviais do Río Xuvia e o río Aceiteiro con máis de 4 km ás beiras do río; O río Castro que destaca polo seu valor natural, ecolóxico e paisaxístico considerado como Lugar de Interese Comunitario; As paisaxes megalíticas, as áreas recreativas das sete parroquias, as máis das 100 fontes do Concello, o arboreto ou a horta de conservación de froitas autóctonas conforman un Concello cun extraordinario patrimonio natural e paisaxístico.

Fervenza do Río Castro

Naraío, 2014


Un pouco mais abaixo do Castelo de Naraío atoparemos esta fermosísima fervenza cun desnivel de seis metros e situada no río Castro que nace na Serra de Forgoselo. Está rodeada dun pequeno bosque de piñeiros e eucaliptos entre outros exemplares. Moi preto de aquí, a uns 150 metros está a central hidráulica seguido do muíño da central e un pouco máis adiante o muíño do castelo. Podes descargar un folleto coa ruta de senderismo que te levará a coñecer un lugar máxico e misterioso ao pé do castelo de Naraío. Son gravado en maio do 2014
Carla Andrade utilizou esta localización na Chanfainalab do 2016 na súa peza "Sibila" e Marcos Lourido en "Tempo morto".

  • Fervenza do Río Castro

  • Fervenza de Río Castro 2

  • Fervenza de Río Castro 3

  • Fervenza de Río Castro 4

  • fervenza 5

load

Documentos:

Sendeiros do Río Castro

Comentarios

Máis imaxes

Temas: castelo de Naraio, lecer, Naraío, naturezas, paseos, ríos, sons, vídeos, roteiros

Autor/a: Manuel González Álvarez

Vídeos:
Fervenza do Río Castro no verán
Entorno do Río Castro

Compartir en: