Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

traballos e días

O devalar no tempo do traballo: os labores agrarios e gandeiros, artesáns, as feiras, comerciantes e taberneiros: animais , bares e tabernas, emigración, feiras , gandería , labregos e labregas, oficios artesanais, tecidos, o traballo nas hortas datos estatísticos

Feira en Igrexafeita

Igrexafeita, 1913

A comezos da década de 1910 celébranse xa dúas feiras no campo da feira en San Sadurniño -primeiro domingo de cada mes e o día 17- ademais da que se facía en Santa Mariña do Monte o ultimo domingo do mes.
O alcalde -e comerciante- Pelayo Casal decide crear unha nova feira no outro extremo do Concello, en Igrexafeita todos os días 18. Cumpríase así unha vella arela dos labregos e labregas da banda oriental do Concello. A primeira feira da parroquia tivo lugar o 18 de maio de 1913 nun terreo arrendado a Antonio García Varela, quen fora concelleiro de varias corporacións locais e rico propetario. Os veciños plantaron bidueiros para ter sombra no futuro e os gaiteiros animaron o día. No 1922 aínda seguía a facerse nese mesmo lugar, mais arredor de 1926 deixou de realizarse.

  • Feira en Igrexafeita

  • O primeiro día da feira de Igrexafeita segundo Pumariño (Maio/xuño 1981)

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: feiras, gandeiría, labregos e labregas, Igrexafeita

Compartir en: