Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Feira do cabalo

Bidueda, San Sadurniño, 1997

A primeira edición da Feira do cabalo tivo lugar o 9 de agosto de 1997. A gran afección aos cabalos nas parroquias de San Sadurniño foi o motivo principal da feira cabalar creada nos tempos do alcalde Constantino Bedoya. O evento celebrábase na Bidueda e consistía en exibicións e concursos hípicos como por exemplo probas de arrastre, trote, andadura e galope, onde o cabalo era o protagonista. A primeira edición constituíu un éxito de público, aínda que a chuvia desluciu un pouco o evento e houbo que suspender o rodeo. Porén, a súa primeira edición foi cuestionada pola oposición municipal (PSOE e BNG), por considerala moi onerosa, mentres se lle racaneaba ás festas parroquiais. O alcalde respostaba que "a feira do cabalo era algo que xente pedía dende hai moito tempo e que só pretenden empanar o seu éxito".
A feira do cabalo tentaba emular outros eventos similares que se facían en Galicia polas mesmas datas como á tradicional das Pontes e sobre todo a clásica de Moeche ou Lalin. A terceira edición en setembro de 1999 tamén resultou un éxito de público. As edicións do ano 2000 e a do 2001 coinciden cun evento similar nas Pontes, o que lle restou participación e afluencia de público. No verán seguinte no 2002, será substituída pola "Festa da familia"
Fotografía da 1ª edición da "Feira do cabalo" na Bidueda.

  • Feira do cabalo

  • 1º Feira do cabalo. LVG 6.8.1997

  • Exito da festa do cabalo LVG 19.8.1997

  • Críticas á Feira do cabalo LVG 9.8.1997

  • 3ª edición da Feira do cabalo 5.9.1999

  • Feira do cabalo do ano 2000 LVG 31,8.2000

  • Quinta edición da feira do cabalo. LVG 2.9.2001

  • Feira do cabalo 1997

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: conflitos, animais, feiras, eventos, festas e romarías, gandeiría, lecer, San Sadurniño (Concello)

Compartir en: