Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

extramuros

Olladas das xentes que visitaron San Sadurniño e deixaron testemuñas en forma de textos, imaxes, pinturas ou filmes: visitantes senlleiros,

"Estudo para rostro humano"

Campo Labrado, Naraío, 2017

4ª Chanfaina Lab (4). Estrea venres 2 de marzo do 2018.
Director: Alberto Lobelle
Axudante: Oskar López
Sinopse: "O ser humano. A cámara. O corpo. A máquina. A faciana. O rexistro. A expresión. A exploración"
Colaboradoras: Andrea Casal Rodríguez, Purificación Piñeiro Casal, Patricia Pérez Piñeiro, Tatiana Rivas Pérez e Sophía Blanco Rivas
Duración: 7' 25''
Gravada en Campo Labrado, parroquia de Naraío, dentro do programa da 4ª Chanfainalab. A peza voltará a verse cando remate o seu periplo por festivais.



O lugués Alberto Lobelle, (Monforte de Lemos, 1976) formouse na Escola de Imaxe e Son da Coruña (EIS). Alterna o seu traballo profesional en series de televisión, anuncios, documentais e filmes coa realización de obras de marcado carácter independente e autoral. En 2011 dirixe a súa primeira longametraxe "Matisse se escribe con dos eses", seleccionada en Documenta Madrid e Al Jazeera International Documentary Film Festival, entre outros festivais. En 2015, a súa mediametraxe "Den Pobedy: Día da Vitoria", realizada con material atopado, ten a súa estrea mundial no FIDMarsella. O seu último filme "Paisaxes da Capelada" estreouse no Documenta Madrid 2017, onde acadou o Premio á Mellor Fotografía.

Alberto e Oskar achegáronse á Chanfainalab coa cámara de cine en 16mm, acompañados tan só da vontade exploradora na paisaxe humana de San Sadurniño. A procura levounos ata cinco xeracións de mulleres da mesma familia: avoa, filla, neta, bisneta e Sophía, a cativa tataraneta: "Sempre é difícil falar sobre cómo chegan a nós as ideas, máis intentarei explicarme. Levaba dende hai anos querendo usar os primeiros planos dunha maneira distinta ao habitual no cinema -probablemente por influencia da pintura e porque en Paisaxes da Capelada” só traballei con planos xerais-, mais tamén quería aproveitar a variable temporal, que tan importante é no cinema, para provocar cambios na percepción do espectador conforme se prolongan os planos. Salientaría como principais influencias a Rembramdt, Virxilio Viéitez e os “Screen-test” (probas de cámara) de Andy Warhol. Para min era importante que os meus protagonistas fosen de distintas xeracións para xogar tamén con esa variable temporal (o tempo dos planos, pero tamén o tempo da vida). Despois de deixar repousar o proxecto, e moi probablemente debido á miña inminente paternidade, vin que o gran potencial estaba en gravar a unha mesma familia, para inscribir tamén na curtametraxe a variable da vida, unha unidade superior á suma das partes."

En"Estudo para rostro humano" Alberto Lobelle tenta expresar cómo o cinema pode chegar a debullar no inaprensíbel, no imperceptíbel, en algo tan etéreo como o devalar do tempo a través do rostro humano. "A miña idea principal era falar do paso do tempo e de cómo a vida vainos moldeando por dentro e por fóra; de aí que filme a cinco xeracións dunha mesma familia -¿funcionaría como filmar á mesma persoa a distintas idades?-. Era fundamental amosar esas sutilezas e eses pequenos detalles nos trazos, nas expresións; por iso traballamos con primeiros planos a cámara lenta; ademais, ensinamos o dispositivo de gravación porque nos parecía importante pór de manifesto cómo se interfire no entorno cando se grava e cómo as persoas que están detrás da cámara determinan o punto de vista de calquera obra audiovisual." Os rostros destas cinco mulleres de Naraío e mailos seus xestos naturais son o único que enche a pantalla, pero tamén agroma o que suxiren as súas miradas. Partimos da inocencia infantil, pasamos logo á vitalidade da aínda mocidade e, despois, a medida que a cámara remonta as tres últimas xeracións, vemos como os ollares se tinguen de experiencia e sabedoría. Unha apaixonante viaxe polo ciclo permanente da vida humana.
Fotografías de Cesar Galdo e Gabriel Tizón.

  • "Estudo para rostro humano"

  • Alberto Lobelle na Chanfainalab

  • Oskar López e Alberto Lobelle

  • Oscar e Alberto no inicio da Chanfainalab

  • Alberto e Oskar na fotografía oficial da 4º Chanfainalab

  • Na gravación en Naraío

  • Preparando o "Estudo para rostro humano"

  • Alberto, Andrea e Oskar

  • Andrea Casal Rodríguez

  • Sophía Blanco Rivas

  • Andrea, a tataravoa e Sophía a tataraneta.

  • As mans de Andrea e Sophìa

  • Oskar e Alberto na "Eira de cineastas"

  • Gravando en Campolabrado

  • Alberto e Oskar no xantar da Chanfaina

  • Alberto na estrea da Chanfainalab

  • Oskar no xantar da Chanfaina

  • Alberto Lobelle presentando "Estudo para rostro humano"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, familias, muller, vídeos, visitantes, xente, Naraío, Chanfaina'Lab

Autor/a: Alberto Lobelle

Vídeos:
"Matisse se escribe con dos eses" (2011)
"Paisaxes da Capelada" 2017

Compartir en: