Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

escolas

O día a día de mestres e cativos nas escolas de San Sadurniño : aldea de verán, CPI San Sadurniño, escolas, colexio das monxas, nenos e nenas

Escolas abandonadas

Riboira, Lamas, 1906

Os xornais de outubro de 1906 denunciaban o abandono escolar que estaba a sufrir a parroquia de Igrexafeita coa escola pechada durante case un ano e un mestre que "entiende del asunto lo que nosotros de cantar misa".Xa en maio do mesmo ano o notario-poeta García de Quevedo denunciaba, -dentro da súa campaña anticaciquil- á corporación municipal presidida por Ángel García Fernández pola crítica situación da escola mixta incompleta de Lamas, pechada dende febreiro e sen mestre algún. Corenta e cinco veciños da parroquia acudiron ao notario para reclamar ao Gobernador Civil unha solución para o ensino dos seus fillos e poñer "coto a la anarquía docente que reina en la escuela de Lamas tan inaudita que no tendrán precedentes en la península ibérica" . O cronista remata animando aos veciños de este "desventurado distrito municipal a redimirse de las garras del caciquismo, verdadera lepra de este municipio"

  • Escolas abandonadas

  • Abandono da escola de Lamas (1), Correo gallego, 20 de maio de 1906

  • Abandono da escola de Lamas (2), Correo gallego, 20 de maio de 1906

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Igrexafeita, nenos e nenas, escola, conflitos

Compartir en: