Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Encerro de concelleiros socialistas no Concello

San Sadurniño, 1980

Durante 1980, a vida municipal de San Sadurniño converteuse nun tema recorrente na prensa galega polo funcionamento anómalo do Concello e o enfrontamento entre os sete concelleiros "Independentes" e os seis socialistas elixidos nas primeiras eleccións democráticas de 1979. O problema foi agromando dende a negativa socialista á contratación de Ramón Varela Sande como secretario municipal. Tampouco o alcalde Cesar Antonio López aceptou a petición dos socialistas para que persoas ou colectivos alleos ao Concello puideran participar nos plenos ou tomar decisións de interés municipal. O alcalde argumentaba nun escrito de 12 de marzo a imposibilidade legal de acceder ás peticións, así como convocar plenos por non existir secretario. Este foi o punto de partida para o encerro dos seis edís do PSOE nas instalacións no Concello do 3 ao 4 de abril durante 48 horas, solicitando un voto de censura ao alcalde e denunciando a "paralización da vida municipal". A nova publicouse en numerosos medios de comunicación dando moito que falar entre a veciñanza. Algúns veciños e veciñas leváronlle comidas e bebidas aos "pechados".
Cara finais de abril nomeouse como novo secretario municipal interino a Hermenegildo González Blanco, secretario de Curtis, decisión que tampouco agradou ao grupo socialista. A pesares de que se normalizou un pouco a Administración municipal, os enfrontamentos entre o grupo de goberno, os socialistas e as Asociacións veciñais continuaron durante toda a lexislatura.
No Pumariño de 1980 tes máis información sobre este feito.
Na ilustración de "Pumariño", ironizábase sobre a situación municipal de 1980

  • Encerro de concelleiros socialistas no Concello

  • Escrito do alcalde de 12 de marzo de 1980

  • La voz de Galicia 3.4.1980

  • Fin do Peche. LaVoz de Galicia 6.4.1980

  • Fin do Peche. La Voz de Galicia 6.4.1980

  • La voz de Galica 11.4.1980

  • O Psoe cnsidera desacertado o nomeamento do secreatario d Curtis 31.5.1980

load

Documentos:

Pumariño. Xaneiro-Marzo 1980

Comentarios

Máis imaxes

Temas: San Sadurniño (Concello), conflitos

Compartir en: