Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

mirada propia

Creacións audiovisuais, literarias ou artísticas realizadas por autores naturais ou residentes en San Sadurniño: creador@s, escultura, Revista Pumariño, músicos, pintura, poesía, teatro

"Enamorándose de San Sadurniño"

San Sadurniño, 2017

4ª Chanfaina Lab (2). Estrea venres 16 de febreiro do 2018.
Director: Pablo Martínez Romero
Editor: Iago Lourido Calvo
Cámara e audio: Joám Cortizas Fernández
Sinopse: "San Sadurniño ten cousas ben fermosas, mais nós queremos transmitir que os novos tamén podemos gozar das nosas afeccións do mesmo xeito que o poden facer outras persoas ou colectivos"
Localizacións: Convento; Fonte do Rosario e CPI de San Sadurniño
Duración: 9' 42''
Gravada nos días 3 e 4 de setembro do 2017 en Outeiro, dentro do programa da 4ª Chanfainalab.



Pablo Martínez é o participante mais novo da 4º Chanfainalab. Hai pouco que cumpriu os trece anos e estuda 2º da ESO no CPI de San Sadurniño. De sempre, Pablo foi un mozo inquedo e activo, pois dende os seis anos gústalle gravar coa cámara "o que pode", aínda que a súa teima verdadeira é a animación. Os seus xéneros favoritos son os filmes de fantasía e ciencia ficción, mais tamén os videoxogos, nomeadamente os que se desenvolven en "mundos abertos". De feito xestiona PJPentakill, a súa propia canle de videoxogos en youtube. Xa o ano pasado sorprendeunos coa frescura que zumega a súa curta "O meu traxecto ao cole".

A pesar da súa xuventude, Pablo participou por segunda vez na Chanfainalab sen complexo algún -nesta ocasión acompañado polos seus amigos- e atravesou o mesmo proceso creativo que @s compañeir@s cineastas mais experimentad@s. Asistiu aos dous obradoiros da Chanfainab: "Uso cultural dos memes, os microvídeos e os gifs" impartido por María Yañez e o de edición a cargo de Juan Lesta e Belen Montero: "Tiña varias ideas para gravar, a que máis me interesaba era amosar cómo moitas veces a xente ten a beleza diante dos ollos e non é capaz de vela. E cando a descobres, dáste conta que todo canto te rodea é moi fermoso. San Sadurniño é así, porque ademais, os lugares e os sitios do concello están en moi boas condicións. E case ao mesmo tempo xurdiu incorporarlle o tema do parkour que é unha actividade que me mola moito, e sobre todo gravarme e ver cómo quedan os movementos realizados".

"Enamorándose de San Sadurniño" é unha proposta sinxela de cine fresco e directo, no que un novísimo cineasta ensina e pon en valor o seu mundo cotián ao grito de "abre os ollos e mira". A vitalidade e ansia de liberdade dos dous adolescentes protagonistas revélanos recunchos fermosos que rodean o centro urbano e que habitualmente pasan desapercibidos. Como ben explica Pablo: "Coñezo xente para quen o que lle rodea só é o lugar no que viven, eu pretendo animalos para que non só vivan, senón que tamén gocen co que teñen diante, que non sintan a necesidade de ir a lugares lonxanos para facer calquera cousa ou para topar a felicidade" . O filme volve a ser unha videocartografía emocional da experiencia diaria dun rapaz de 2º da ESO que, a pesares da súa xuventude, ten os ollos ben abertos para recoñecer e gabarse da beleza cotián do entorno no que vive. Nas sucesivas edicións da Chanfaina seguirá a debullar coa súa mirada e o seu punto de vista nas diversas realidades do Concello. Volve a ser un orgullo contar con rapaces tan creativos como Pablo.
Fotografías de Cesar Galdo.

  • "Enamorándose de San Sadurniño"

  • Pablo Martínez presentando a súa peza na "Eira de Cineastas"

  • Pablo e ambiente no Obradoiro de María Yáñez

  • Iago e Pablo, alumnos aplicados no Obradoiro de María Yáñez

  • Abel, Bieito, Pablo e Iago

  • Carmen e María. Detrás Pablo e Iago

  • Carmen e os benxamíns do obradoiro de María Yañez

  • Pablo no obradoiro de edición de Juan Lesta e Belen Montero

  • Fotografía de grupo do alumnado do Obradoiro de Esferobite

  • Pablo na foto oficial da 4ª Chanfainalab

  • Pablo e Bieito no Fotocall

  • Presentando o seu filme da 4ª Chanfainalab

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Convento do Rosario, creador@s, deporte, roteiros, San Sadurniño (parroquia), videocartografías, vídeos, Chanfaina'Lab

Autor/a: Pablo Martínez Romero

Vídeos:
"O meu traxecto ao cole"

Compartir en: