Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Eleccións municipais 2015

O Casal, San Sadurniño, 2015

Elección anterior, 2011
As décimas eleccións municipais celebráronse o 24 de maio de 2015. Votou o 73.32 % do censo electoral, seis puntos menos que nas eleccións do 2011.

O partido mais votado foi o "BNG", que mantén o seu apoio electoral con 1.123 votos e o 57,38 % dos electorado, -a maioría absoluta- e sete representantes no Concello:
Secundino García Casal, (Igrexafeita).
Sabela Iñiguez Cinza, (San Sadurniño)
Manuel Varela Mecías, (Naraío)
Amparo Calvo Fernández (Monte)
Suso Soto Vivero, (Naraío)
Ana Belén Breijo Gundín (Lamas)
Manuel Beceiro Couce (Bardaos)

O Partido Popular tamén mantén o apoio electoral, acadando 602 votos, o que representa o 30,76 % dos electores e os tres representantes que tiña na corporación municipal:
Manuel Romero Castrillón, (San Sadurniño)
Andrés Fernández Graña. Renuncia en 2016, substituída por María Belén Trigo Meizoso
Silvia Fernández Muiño. Renuncia en 2016, substituída por Cristina Calvo Tuimil

O terceiro partido foi o PSOE, quen baixa lixeiramente o seu apoio electoral ao 10,17% do electorado (199 votos), acadando só un concelleiro.
Eduardo Lourido Doval.(Naraío). Renuncia en 2017

Así pois, á vista dos resultados gobernará con maioría absoluta de novo (2015-2019) o alcalde nacionalista (BNG), Secundino García Casal , que non precisará pacto algún de goberno.

Gráfico: Evolución do voto nas eleccións municipais de San Sadurniño (1979-2015)

  • Eleccións municipais 2015

  • Gráfico: Evolución do voto en San Sadurniño nas eleccións municipais (1979-2015)

load

Documentos:

Acta do pleno de Constitución do Concello 13/06/2015

Comentarios

Máis imaxes

Temas: Santa Mariña do Monte, estatísticas, San Sadurniño (Concello)

Autor/a: Fálame

Compartir en: