Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

documentos

Ademais das imaxes, tamén a prensa e os documentos históricos fálannos de San Sadurniño no decurso do tempo: Podes velos en orde cronolóxico aquí , ou consultar algúns datos estatísticos

Doazón de San Sadurniño ao Mosteiro do Pedroso

Pedroso, Narón, 1126

O 25 de marzo de 1126 -dous anos antes de morrer-, o mítico Pedro Froilaz, Conde de Traba, con 56 anos, canso, desilusionado e enfermo, doa ao Mosteiro de Salvador do Pedroso a propiedade da igrexa de San Sadurniño, "sita ao carón do río Xuvia con todo o que a ela pertence: terras, homes e igrexas". O mosteiro do Pedroso fora fundado en 1111 pola súa irmá Munia Froilaz. Un ano antes o Conde Pedro Froilaz xa fixera donación das igrexas de Ferreira ao outro mosteiro familiar, o mosteiro de Xuvia. Con istas doazóns -aparentemente tan xenerosas- garantíase a continuidade das posesións dos Froilaz en membros da propia familia e polo tanto o manteñemento de todos os resortes do poder feudal sobre das súas terras e vasalos.
As terras de San Sadurniño eran propiedade do Conde de Traba porque a Raiña Doña Urraca "regaloullas" catorce anos antes polos servizos prestados á monarquía, nomeadamente pola atención á educación e crianza do seu fillo, o Rei Alfonso VII. Sen embargo, no decurso do tempo, o Couto do mosteiro do Pedroso coas súas terras e homes será mercado en 1544 polos Señores de San Sadurniño.
Descarga o documento con mais información. Na ilustración o documento de doazón de San Sadurniño ao mosteiro do Pedroso en 1126, escrito en latín.

  • Doazón de San Sadurniño ao Mosteiro do Pedroso

  • Escudo da familia Traba

load

Documentos:

Pedro Froilaz, Conde de Traba
Breve historia do Mosteiro do Pedroso, por Enrique Cal Pardo (2011)
Documento de doazón de San Sadurniño ao Pedroso

Comentarios

Máis imaxes

Temas: igrexas parroquiais, San Sadurniño (parroquia), Pedroso

Autor/a: Manuel González Álvarez

Compartir en: