Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

tecnoloxías

Aos poucos, as tecnoloxías do mundo contemporáneo foron enxergándose no universo agrario de San Sadurniño. cine, coches, electricidade, máquinas, internet, tren

Cine Avenida

Marques de Figueroa, San Sadurniño, 1948

Tras do fugaz paso do cinema mudo polo "Salón Tampico" nos tempos da República, haberá que agardar ata 1949 para que as películas retornen ao concello. En 1946 o matrimonio formado por Ángela López Foxo e Gervasio López López, máis un socio, o mestre Ignacio Moreno Buisán proxectan a creación dunha sala cinematográfica na Avenida do Marqués de Figueroa. O proxecto arquitectónico ven asinado polo prestixioso arquitecto Antonio Tenreiro que xa andivera por San Sadurniño en 1924; as obras iniciáronse en maio de 1947 e ao fin, en decembro de 1948 outórgaselle a licencia de apertura. Gervasio mercou o proxector OSSA de 35mm en Asturias.
A fachada do edificio fíxose en pedra canteada aproveitando as pedras do muro perimetral do Convento do Rosario. Dispuña de tres plantas cun aforo inicial de 330 localidades, butacas de madeira, escenario e plateas, que estaban decoradas con pinturas. A data de remate que figura na decoración realizada por Castro Moreno é o 6 de febreiro de 1949.
Tras dunha serie de atrancos burocráticos no Concello, o “cine Avenida” acendeu o seu proxector OSSA durante 1949. Algúns veciños falan de “Lo que el viento se llevó” como película inaugural, aínda que parece ser que abriu as súas portas co baile de fin de ano de 1948, sendo alcalde Perfecto Calvo. Durante moitos anos o acomodador foi Germán Castro Díaz, o operador de cabina Baltasar e o propietario do bar Senén López Loureiro, Nos sábados e domingos unha megafonía anunciaba a función do día. A sala tamén utilizouse para bailes en datas sinaladas así como en actividades escolares nomeadamente na conmemoración dos "Día do Mestre" en tempos do alcalde Francisco Dorado. Un domingo suspendéronse as proxeccións porque o maquis dinamitara a central eléctrica que abastecía o concello.
O “cinema Avenida” proxectou películas durante quince anos, ata 1965, aínda que o bar de Senén mantívose aberto ata o anos 80 do pasado século. Precisamente no "bar do cine" funcionou un dos primeiros televisores de San Sadurniño na década dos sesenta.
Porén en maio de 1996 as paredes do vello edificio voltaron a sentir a maxia do cinema coa proxección de varios filmes galegos coas curtametraxes "Morrer no mar", "Galicia canibal", "O vello que quería ver o mar" entre outras e as longametraxes "Continental" e "Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro-, como parte dun programa da Semana das Letras Galegas" organizada pola Asociación Bidueiro, a APA do CPI e o Concello.

O espazo cinematográfico continuou a ser lugar de ocio no concello, José Luis Sanjurjo Sixto retomouno como Bar e restaurante. No 2004 transformouse en "Sala Dzine", unha reputada sala de concertos á que acudía xente de toda Ferrolterra, aberta ata o xuño do 2007.
No 2013 abriuse de novo como Café Dzine, Bar, Cafetería e Sala de concertos, con actuacións case todas as fins de semana. Actualmente aínda conserva o escenario e o patio de butacas.
No 2014 o cineasta Mario Iglesias localizou aquí a curtametraxe "E logo...?" realizada para a Chanfaina' Lab.
Na ilustración proxecto da fachada do cine Avenida realizado por Antonio Tenreiro

  • Cine Avenida

  • Remate da decoración do "Cine Avenida" no patio de butacas

  • Patio de butacas do Cinema Avenida

  • Anfiteatro do Cinema Avenida

  • Cafe Dzine 2014

  • Café, Bar, Concertos Dzine en San Sadurniño

  • Afiche da película "Emboscada" proxectada no cine Avenida o 11 de abril do 1965

  • Anverso do afiche da película "Emboscada"

  • Proxector OSSA do cinema Avenida (2014)

  • cafe Dzine

  • interior Café Dzine

  • Afiche de "El difunto es un vivo (Iquino 1941), proxectada no cine Avenida

  • Afiche de "El difunto es un vivo"

  • Fachada do cine Avenida no 2007

  • Planta do Cinema Avenida

  • Sección do Cinema Avenida

  • Licencia de apertura do Cinema Avenida en 1948

  • "Argelia" proxección especial para os nenos o día de "San José de Calasanz". nov 1959

  • "Mi tío Jacinto", proxección especial para os nenos o día de "San José de Calasanz". nov 1959

  • Semana das letras galegas 1996. LVG

  • Semana das letras galegas 1996.2. LVG

load

Documentos:

Memoria e planos do Cinema Avenida

Comentarios

Máis imaxes

Temas: cinema, bares e tabernas, empresas de servizos, lecer, música, San Sadurniño (parroquia), tecnoloxía

Vídeos:
"E logo..."

Compartir en: