Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018 Chanfaina Lab seleccionada no banco de boas prácticas da xestión cultural Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Centro de Día de San Sadurniño

O Casal, San Sadurniño, 2010

O día 8 de setembro do 2010 abrían as portas do Centro de día de San Sadurniño para proporcionar atención integral a persoas maiores. Abriu dous anos despois da apertura do centro residencial privado para maiores "Suacasa".
O centro de día oferta 40 prazas nunha ubicación privilexiada, ao carón do Arboreto, a horta de conservación de froitas e o Pazo do Concello. A xestión corre ao cargo do Consorcio galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.
Fálannos das numerosas actividades que se realizan no centro: Noelia a traballadora social, Almudena a terapeuta ocupacional e os usuarios/as María Sanjurjo, Desiderio Vilasuso, Camila González e Pura Rodríguez. Todos/as coinciden nun dos lemas do Centro: "Desfrutar da vellez significa que vivimos unha vida plena"
Tamén funciona no lugar de Silvalonga "Súacasa", centro asistencial privado

  • Centro de Día de San Sadurniño

  • Pura, María, Camila e Desiderio

  • Noelia (traballadora social) e Almudena (terapeuta ocupacional)

  • Axuda no paseo

  • Actividade de ximnasia

  • Na ximnasia

  • Paseando polo centro

  • "Zancada a zancada mellora a túa saúde"

  • Placa da inauguración do centro

  • Asistencia aos usuarios e usuarias

  • Aniversarios do mes

  • María Sanjurjo

  • Desiderio Vilasuso

  • Árbore feito por usuarios e usuarias do centro

  • Árbore con frases escritas polas persoas usuarias do centro

  • "Non volveríamos atrás, disfrutar da vellez significa que vivimos unha vida plena"

  • "O Centro de Día deume anos de vida"

  • A vellez é como o outoño pero se pode vivir con felicidade"

  • "A amizade e a compaña no Centro de Día axuda vivir"

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lecer, San Sadurniño (Concello), empresas de servizos

Autor/a: Almudeda Lameiro Pena

Compartir en: