Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

"Casa Torina"

Outeiro, 2019

6ª Chanfaina Lab (27). Estrea: venres 10 de abril do 2020
Guión, dirección e montaxe: Ana Moreiras e Susana Diz
Actores: Martín Sanjurjo, José Luís Fernández (Joselito) e Iván Sanjurjo
Colaboracións: Luís Avilés, María Yáñez, Pedro R. Folgado e Carmen Suárez
Banda sonora: Martín Sanjurjo
Sinopse:"Martín rexenta un pequeno ultramarinos-bar dos de toda a vida, a "Casa Torina". Nunha Galicia baleirada onde a xente que queda se comunica case integramente a través das redes sociais, a música e a visita de clientes como Arturo son os únicos divertimentos que Martín ten no seu día a día."
Duración: 8´.33"
Gravada en Outeiro durante a fin de semana do 6 ao 8 de setembro do 2019 dentro do programa da 6ª Chanfainalab.


Ana Moreiras (Trabada, Lugo 1976). Licenciada en Física pola USC e docente de Tecnoloxía no IESP A Cachada de Boiro. Luguesa de vocación e orixe que non sabe andar en moto, non exerce de física, mais sempre amou debuxar e pintar. De feito acaba de publicar un cómic, Madialeva, un relato gráfico ambientado no noso rural. Xenerosa, comprometida e divertida, viaxa cada vez que pode procurando espazos e xeografías humanas que plasmar nos seus cadernos e pezas audiovisuais. No seu quefacer diario adícase a desaprenderlle cousas a milenials de Boiro nunha escola pública, axudar no que pode coa Asociación Cultural "Canle" de Lira, montar pezas de vídeo e coordinar Festivais de cinema feito nas escolas como o Olloboi, que xa vai pola 10ª edición.

A dilatada experiencia do equipo Olloboi (Ana e Susana) axudou na procura dun fío do que tirar. Ao mais puro estilo chanfaineiro - é dicir por azar- deron coa popular -e xa fechada- tenda-mesón "Casa Torina", fundada en 1940 por Victorina López Loureiro, filla do vello Administrador da Marquesa Manuel López Sisto:"As mozas Olloboi, Susana e eu, mantemos lazos co rural das nosas infancias, e gústanos retratar a evolución das aldeas desde un punto de vista o menos dramático posible, nos límites que a realidade nos impón en canto a fin dun modelo social e cultural. Acudimos a San Sadurniño con idea de atopar os símbolos dese devir, pero sen unha idea concreta, acaso coa referencia do cine de Sandra Sánchez. Foi pura casualidade que se atopase na vila Iván Sanjurjo, un vello amigo noso de inquedanzas e humor similares. Iván procurounos a localización (un bar ultramarinos que pechou hai uns anos) e os actores: seu propio pai, Martín Sanjurjo e Joselito, veciño de Ferrol pero instalado desde hai décadas no lugar. Foi montar o set no antigo bar e deixar que xurdise a maxia: Martín é un estupendo músico (alma mater do grupo Saraibas) e un paciente actor. Joselito, un fenómeno da pantalla por descubrir. Entrambos xurdiu a chispa para contar o que queríamos contar, mesmo podendo facelo a través da ficción."

"Casa Torina" é unha curta fronteiriza que anda da cabalo entre ficción e documental, entre o antigo e o novo, a tradición e a modernidade. A vella tenda bar-ultramarinos é un espazo social do pasado, mais a súa atmosfera sigue viva, non só como espazo físico, senón tamén no imaxinario da comunidade. Alí o equipo Olloboi ubica a un par de veciños, que tamén son referencias cotiás de San Sadurniño e a maxia do cine fai o resto. Unha peza evocadora, lírica e con arumes de cinema verdadeiro, que por veces nos sorprende pola súa complexidade a pesares da súa aparente sinxeleza: "Cunha estética lavada de cor e un ritmo lento quixemos transmitir a decadencia dun modelo social no que se primaba o veciñal e o vagar paseniño do tempo. O ton e o paradoxo argumental teñen moito dos irmáns Coen, Sofia Coppola ou Jim Jarmusch, directores que optan pola ficción pero sempre sobre un traballo de naturalidade máxima nas interpretacións. Temos a obstinada idea de que a peza necesita repensar unha pasaxe intermedia, pero o COVID non nos deixou acceder ós arquivos orixinais." Non sabemos si precisa retoque algún, porque en definitiva, tal e como está, "Casa Torina" xa é unha fermosísima peza, minimalista e de ritmo pausado, unha bocalada de aire fresco, un anaco de vida e autenticidade que sorprendeu na súa estrea e non vai deixar a ninguén indiferente.
Fotografías de Cesar Galdo

  • "Casa Torina"

  • Ana Moreiras na 6º Chanfainalab

  • Ana e Susana na sesión preparatoria da 6º Chanfainalab

  • Ana camiño da prantación do castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • Ana Moreiras e o castiñeiro da 6º Chanfainalab

  • Ana, Luis, María e Noelia no Arboreto

  • Ana entre cineastas

  • Ana Moreiras Susana Diz posando para a posteridade

  • Ana, "facendo" que traballa no castiñeiro

  • Ana e Susana na foto oficial da 6ª Chanfainalab

  • Ana e Susana na "Eira de cineastas"

  • Ana e Susana na procura de inspiración

  • Ana e Susana" inspirándose" na Casa Outeiro

  • Ana e Susana o sábado pola mañán sin inspiración algunha

  • Ana e Susana precisaban un Colacao para atopar unha idea.

  • Susana Diz, xa inspirada

  • Ana e Susana en acción no set de gravación

  • Ambiente na casa "Torina"

  • Atrezzo utilizábel da "Casa Torina"

  • Susana preparando o set de "Casa Torina"

  • María. Luis e Ana na elección de plano

  • Martín Sanjurjo, actor de "Casa Torina"

  • José Luis Fernández (Joselito) actor revelación de "Casa Torina"

  • Cadro actoral: Iván, "Joselito" e Martín

  • Martín e María Yáñez parrafeando sobre Cantareliña?

  • Un ensaio de "Casa Torina"

  • Iván e Pedro nunha pausa de "Casa Torina"

  • Ana Moreiras exercendo de directora

  • Na rodaxe de "Casa Torina"

  • Martín Sanjurjo, autor da banda sonora de "Casa Torina"

  • Selfie de catro colegas: María,Luis,Susana e Ana

  • Ambiente de rodaxe na antiga casa Torina

  • Foto de familia de "Casa Torina

  • Susana e Ana no xantar da Chanfainalab

  • Ana con Silvana e Manolo Abad

  • Ana e Susana c@s cineastas da Chanfainalab

  • Ana Moreiras e Susana Diz na estrea mundial de "Casa Torina"

  • Postchanfaina; Miguel de Lira, Ana, Susana e o cantautor chileno Chinoy

  • Postchanfaina: Ana e a súa teima de debuxar todo o que ten diante

  • Postchanfaina: Duas grandes mulleres: Ana Moreiras e Carmen Suárez

  • Un fermoso agasallo de Ana Moreiras que xa está enmarcado en lugar de honra.

  • E xa nos tempos do COVID, Ana publicou esto

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: bares e tabernas, conflitos, empresas de servizos, música, San Sadurniño (parroquia), vídeos, visitantes, Chanfaina'Lab

Autor/a: Ana Moreiras

Vídeos:
Libraría Couceiro: Madialeva
Canle Ana Moreiras
Promo Olloboi 2019
A.C. "Canle" Lira

Compartir en: