Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017 Mellor iniciativa cultural dirixida a persoas maiores - Premio Fundación DomusVi Boas prácticas na xestión cultural - Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) Premio Rodolfo Prada á xestión cultural 2018

empresas

Negocios, comercios ou empresas que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade no Concello de San Sadurniño: bares e tabernas, datos estatísticos, empresas agrogandeiras, empresas da madeira, empresas de servizos, empresas enerxéticas, emprendedor@s, mineiría

Casa rural Outeiro

Outeiro, San Sadurniño, 2001

Arredor de 1870 o matrimonio de labregos formado por Miguel Pita e Elena Fernández vivían no lugar de Outeiro, posiblemente como caseiros do Marqués de San Sadurniño. A construcción desta fermosa casa rural dátase nesa época. En 1888 nacerá a súa filla, Manuela Luisa Pita Fernández (falecida en 1963), quen casou cun dos xardineiros do Pazo da Marquesa, Jesús María Carro Castelo (Oleiros,(1891-1972). "Jesús de Pita" viñera contratado pola Marquesa arredor de 1910, cando traballaba nos xardíns de Coruña. Mesmo chegou a ser concelleiro da corporación municipal de 1941 a 1944 co alcalde Emilio Morandeyra.
A súa filla, Elena Carro Pita (1925-1982), será a derradeira residente. Do seu matrimonio con Angel Matilla Marcos, funcionario de Telégrafos, nacerá o actual propietario, Felipe Matilla Carro, que xunto con Maribel Romero Doce, acometeron unha respectuosa rehabilitación integral do edificio, conservando a pedra e madeiras nobles orixinais. Abrirá de novo as portas como Casa de Turismo Rural no ano 2001.
Maribel Romero Doce fálanos da "Casa Outeiro":

  • Casa rural Outeiro

  • Casa orixinal

  • Entrada da casa rural

  • Comedor

  • Salón da casa rural

  • Sala

  • Piscina

  • Biblioteca

  • Habitacións

  • Habitación 1

  • Habitación 2

  • Habitación 3

  • Baño

  • Galería

  • Habitación 4

  • Habitación 5

load

Comentarios

Máis imaxes

Temas: empresas de servizos, lecer, San Sadurniño (parroquia)

Autor/a: Maribel Romero Doce

Compartir en: