Premio Mellor iniciativa Europea Acting - Ginebra 2015 Premio Mellor webserie VO Galego - Carballo Interplay 2017 Mellor vídeo opinarmos - Premio Youtubeir@s 2017

Iniciativas

Iniciativas e servizos promovidos polo Concello ou as asociacións culturais e veciñais de San Sadurniño.

Casa da Cultura de San Sadurniño

Marqués de Figueroa, San Sadurniño, 1999

Nos anos setenta, o párroco de San Sadurniño, Ramón Díaz Raña proxectou a creación dun Fogar interparroquial nos terreos do antigo Igrexario ao carón do Convento do Rosario. O proxecto tiña como obxectivo crear un lugar de encontro da veciñanza para celebrar todo tipo de actividades culturais e sociais. Mais a idea non saíu adiante.
A creación dunha Casa da Cultura será unha reivindicación permanente de todas as corporacións municipais durante as décadas dos oitenta e noventa. Será co alcalde Lamas cando o O centro sociocultural comezou a tomar corpo mediante un Convenio co Bispado para a cesión de terreos o sete de xuño de mil novecentos oitenta e nove, diante do notario Fernando Máiz Cal.

Ao fin, nos tempos do alcalde Constantino Bedoya, comezaron as obras en xaneiro de 1995 a cargo da empresa Guillermo Sanmartin e tras varios retrasos, en maio de 1999, abriu as súas portas o Centro Socio Cultural de San Sadurniño. Nel está instalada a Biblioteca municipal, a Aula Cemit, salas de exposicións e xuntanzas e un completo salón de actos con capacidade para 250 persoas. Natalia Balseiro, primeira técnica de cultura do Concello, fálanos das diferentes actividades e espectáculos que se facían nos seis primeiros anos de funcionamento nos que a programación cultural da casa de Cultura de San Sadurniño se considerou un referente en Galicia.
Dende o ano 2006, a Casa da Cultura está xestionada polo técnico de cultura e deportes Agustín Pérez.

  • Casa da Cultura de San Sadurniño

  • Natalia Balseiro, técnica de cultura

  • Grupo de ximnasia de Naraío

  • Inauguración da Casa de Cultura no ano 1999 polo alcalde Constantino Bedoya

  • Placa da inauguración do centro sociocultural

  • "Os domingos ó de teatro" ano 2001

  • "Os domingos ó de teatro", ano 2002

  • Actividades ano 2003

  • Actividades culturais ano 2004

  • Cartel da actuación de Chévere na Casa de Cultura

  • Comezo obras da Casa de Cultura.17.1.1995

  • Anuncio da construcción da Casa de Cultura 11.7.1993

  • convenio co Bispado LVG para a cesión de terreos para Casa de Cultura 13.12.1989

load

Documentos:

Entrevista a Natalia Balseiro (Diario de Ferrol,5/6/2005)

Comentarios

Máis imaxes

Temas: lecer, San Sadurniño (Concello), teatro, música

Autor/a: Natalia Balseiro

Compartir en: